A XUNTA XESTIONA DENDE HOXE O MUSEO DAS ILLAS ATLÁNTICAS QUE ABRIRÁ SEIS DÍAS Á SEMANA PARA RECIBIR 150.000 VISITAS AO ANO

 

  • ciesislas    O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas participou esta tarde na inauguración do Edificio Cambón, rehabilitado no Casco Histórico de Vigo, que acollerá as oficinas e o centro de visitantes do parque nacional
  • Sinala que coa apertura desta sede-museo avánzase un paso máis cara a conservación e protección deste enclave natural único en Galicia
  • Avanza que no vindeiro ano se traballarán en 30 liñas de actuación que irán en camiñadas a mellorar a xestión, o seguimento xeral da flora e da fauna, e a investigación e divulgación
  • Entre esas medidas destaca a elaboración da estratexia paisaxística da Illa de Ons e a incorporación do parque á Carta Europea de Turismo sostible

Santiago, 26 de decembro de 2012.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou esta tarde en Vigo que os galegos poderán achegarse a coñecer e profundizar do patrimonio natural das illas que conformar o Parque Natural das Illas Atlánticas grazas ao novo museo do Parque e Centro de Interpretación que hoxe foi inaugurado no Edificio Cambón, en Vigo.

 

O conselleiro Hernández, xunto con a directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Guillermina Yanguas; e os delegados territoriais da Xunta en Vigo, María José Bravo, e en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, participou na inauguración deste novo museo da cidade, que acolle as oficinas e o centro de visitante do parque nacional. O conselleiro sinalou que a apertura deste edificio aos cidadáns é o “broche de ouro” para conmemorar o décimo aniversario da declaración deste enclave único en Galicia, que recibiu preto de tres millóns de visitantes dende o ano 2002.

As obras de rehabilitación do Edificio Cambón implicaron un investimento de máis de 4 millóns de euros, aportados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Dende hoxe a Xunta de Galicia xestionará este edificio que conta cunha superficie de 1.500 m2 para área expositiva, auditorio, aulas, e zonas de oficinas. Unha única sede que permitirá mellorar a xestión ao concentrar tanto o museo coa as oficinas nun mesmo espazo.

As previsión da Xunta é que accedan a este edificio uns 150.000 visitantes ano ano. O acceso ao inmoble, e aos seus contidos, será gratuíto para os cidadáns e abrirá as portas seis horas ao día durante seis xornadas da semana en horario de 11:00-14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: