BNG Vigo

descarga (3)  O BNG apoia os orzamentos municipais porque potencian a creación de emprego e os servios sociais 

Vigo, 27 de decembro de 2012.-O grupo municipal do BNG votou a favor dos orzamentos municipais para 2013 despois de que o goberno local aceptara as emendas presentadas, que supoñen case 6 millóns para crear emprego e un novo Plan de Compensación contra a crise. “Os tres votos do BNG non son para o alcalde, nin para o goberno local, que ao mellor non o merecen, senón para a cidadanía, para as persoas que van poder traballar e para os nenos e nas que van poder comer”, subliñou o portavoz municipal nacionalista.

Santi Domínguez criticou, por unha banda, a “amnesia” da concelleira de Facenda, ao non lembrar que no borrador presentado polo goberno local reducían as partidas de emprego e servizos sociais. “Grazas ás emendas presentadas polo BNG aumentamos en máis de 3 millóns as partidas destinadas a emprego”, afirmou Domínguez.

 

Aprobada por unanimidade a moción do BNG que apoia a petición de indulto para David Reboredo 

Vigo, 27 de decembro de 2012.-O grupo municipal do BNG acadou o respaldo do pleno ao aprobar por unanimidade a moción de apoio ao indulto para David Reboredo. Na defensa do documento, a concelleira Iolanda Veloso destacou o gran esforzo feito por David para rehabilitarse

Iolanda Veloso criticou que sexa propia xustiza a que impida a reinserción “despois de que a persoa afectada cumpra os requisitos”. A concelleira nacionalista puxo de releve que a entrada de Reboredo supón “partirlle a vida, vida xa rehabilitada”, polo que defendeu que cómpre o seu indulto para “compensar unha situación inxusta”.

A concelleira do BNG lembrou que David Reboredo, tras iniciarse no consumo de substancias adictivas aos 16 anos, comezou seu tratamento de deshabituación con períodos de altibaixos e logrou a súa rehabilitación logo de seis meses de internamento na comunidade terapéutica da Asociación Alborada. Destacou que a partir dese momento o seu estilo de vida cambiou radicalmente, de xeito que forma parte dun grupo familiar totalmente integrado na sociedade, facéndose cargo do coidado do seu pai.

Veloso afirmou que son moitos os motivos para a solicitude deste indulto, entre os que destacou a escasa entidade do delicto cometido, a necesidade de autofinanciamento do consumo propio como causa motivadora da comisión, a ausencia de terceiros ou vítimas prexudicadas, a superación do proceso de desahabituación e o seu compromiso familiar e social.

O documento aprobado recolle que cando se ditaron as sentenzas referidas na moción non fora aínda aprobada a reforma do Código Penal de 2010 que engadiu un novo subtipo atenuado ao artigo 368, dedicado ao tráfico de drogas, e establecido para aqueles supostos de escasa gravidade do feito. Deste xeito, o caso de David encaixaría plenamente o caso de David. “Queremos que David saia do cárcere e volva a súa casa”, concluíu Iolanda Veloso.

Apoio á UNED, carril bici e transporte urbano

Por outro lado, o BNG apoiou as mocións do PSOE que instan á UNED a apertura da súa aula en Vigo e á Xunta de Galiza a mellorar a seguridade no carril bici da PO-325, que foron aprobadas por unanimidade. O grupo nacionalista tamén respaldou a iniciativa presentada polo grupo socialista para que o Ministerio de Fomento mellore o alumeado e o mantemento da VG-20.

O Bloque deu seu apoio á petición do PP para que o goberne local desenvolve un plan actualizado de transporte urbano, que tamén foi aprobada por unanimidade. Pola contra, opúxose á proposta popular que insta á creación dun viveiro de empresas no antigo local da escola de hostelería do Berbés, que foi rexeitada.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: