EDITORIAL GALAXIA PRESENTA O CONCERTO DE MARÍA FUMAÇA en Vigo
María Fumaça é unha locomotora comandada por Uxía, chea de alegría e que viaxa, con estación e todo, por Galicia enteira enchendo os teatros de música, baile e felicidade
MARÍA FUMAÇA
No concerto espérannos un mollo de cancións das que forman parte do libro-disco-dvd María Fumaça (Editorial Galaxia) e na que participan artistas como Uxía, Carlos Blanco, Isaac Palacín, Magín Blanco, Sergio Tannus ou Tanxarina Teatro e que naceu como un agasallo para Ruí, un cativo con parálise cerebral e afillado de Uxía.
Desta volta, subirán ao escenario Blanqui Francés, Uxía, “a marabillosa banda do cuartel” (Paqui, Fon, Varo e Olih), Chary, Iria e a súa mamá, Manuel Sío, Chus e Rui.Sobre o escnario do Salón Teatro, a familia María Fumaça monta unha completa estación de tren que partirá cun cargamento de cancións pegadizas, tonadas alegres e moita vitalidade, nun espectáculo que dura algo máis dunha hora e na que ninguén, absolutamente ninguén, quedará sen cantar nin bailar.
Venres 28 de decembro ás 18.00 h.
no Auditorio do Concello