Archive | diciembre 28, 2012

A CIG denuncia que as leas políticas están a “afundir” o museo Marco de Vigo e esixe o mantemento de todos os postos de traballo

logo10años (2) Dende a federación de Servizos critican a baixada de soldos e o despedimento dos gardas de seguridade

VIGO/27-12-12

A CIG denuncia a grave situación económica que atravesa o museo Marco de Vigo a causa das “leas políticas” entre as distintas Administracións públicas que forman o seu padroado. Dende a federación de Servizos sinalan a “irresponsabilidade e incapacidade” do alcalde para chegar a acordos que garantan o futuro do centro e esixen o mantemento de todos os postos de traballo. Leer Más…

A XUNTA INFORMA AO SECTOR DA SUBA DUN 7,75% EN TOTAL DOS TACs E COTAS DAS PRINCIPAIS ESPECIES QUE GALICIA PODE PESCAR EN 2013

  • Rosa Quintana transmitiulle aos membros do Consello Galego de Pesca a importancia do traballo previo de documentación e de análise científico e socioeconómico realizado para acadar uns resultados satisfactorios tralas duras negociacións

Santiago, 27 de decembro de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta tarde cos membros do Consello Galego de Pesca para informalos sobre os resultados acadados no último Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea en relación aos TACs e cotas para 2013. A conselleira trasladou aos representantes do sector que, en total, as posibilidades de pesca para o 2013 para España se incrementan nun 7,75% respecto dos TACs e cotas obtidos en 2012 nas principais especies que Galicia pode pescar. Na xuntanza, conselleira e representantes do sector analizaron as posibilidades de pesca acadadas en relación ás especies máis importantes para a frota galega.

A conselleira transmitiulle ao sector a importancia do traballo previo de documentación e de análise científico e socioeconómico realizado para acadar os resultados que superaron as expectativas do duro punto de partida da negociación. A titular de Mar tamén valorou os esforzos e o traballo responsable dos pescadores galegos realizados para axustar o esforzo pesqueiro.

Grazas a ese labor conxunto acadouse o aumento xeral de máis dun 40% no TAC do lirio, dun 15% na pescada do Cantábrico e dun 42% no TAC da cigala de Gran Sol, na área de Porcupine. Outro dos aspectos positivos foi o de conseguir manter os TACs de especies principais para a frota galega, como a pescada norte, rapante ou badexo, sobre todo, tendo en conta que a Comisión Europea propoñía nalgúns casos reducións superiores ao 30%.

Ademais tamén se conseguiu evitar o descenso do TAC en especies coma o peixe sapo, que pasou dunha redución dun 20% proposta nun principio, a unha redución do 5%. No caso do peixe sapo no Cantábrico Noroeste acadouse frear a redución dun 37% a un 25%.

O BNG solicita información sobre o custe do alumeado de nadal na Guarda

“O BNG advirte ao goberno do PSOE que debe ser coidadoso cos cartos públicos na procura dun alumeado para o nadal”

A Guarda, decembro 12. O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no rexistro do concello na que solicita diversa información sobre o alumeado de nadal.

A iniciativa presentada polo BNG consta dunha batería de preguntas sobre o custo e o proceso de contratación realizado para a instalación dos adornos luminosos en diferentes rúas da Guarda.

“É de suma importancia saber se o grupo de goberno solicitou varios orzamentos a diferentes empresas ou se pola contra, tal e como fixo o ano pasado, soamente un” sinalou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.

No 2011, as xestións de ABACO e as denuncias do BNG conseguiron abaratar o custo do alumeado en máis dun 50%, mentres o grupo de goberno do PSOE estaba disposto a gastarse 25.000 € en dito alumeado.

Dende o BNG entendemos que o goberno municipal debe ser moi coidadoso cos cartos públicos, máis en plena crise económica, debe buscar diferentes ofertas e axustarse a que sexa menos gravosa para as arcas do concello sen por elo renunciar a un mínimo decoro das rúas da Guarda.

EDITORIAL GALAXIA PRESENTA O CONCERTO DE MARÍA FUMAÇA en Cangas

editorialgalxiaSábado 29 de decembro ás 18.00 h. no Auditorio do Concello

María Fumaça é unha locomotora comandada por Uxía, chea de alegría e que viaxa, con estación e todo, por Galicia enteira enchendo os teatros de música, baile e felicidade.

MARÍA FUMAÇA

 

Ás 18 horas no Auditorio Municipal, celebraremos un acto no que tamén colaborará ASPAMSIM, unha entidade do Morrazo de pais e nais pola integración. Leer Más…