A CIG denuncia que as leas políticas están a “afundir” o museo Marco de Vigo e esixe o mantemento de todos os postos de traballo

logo10años (2) Dende a federación de Servizos critican a baixada de soldos e o despedimento dos gardas de seguridade

VIGO/27-12-12

A CIG denuncia a grave situación económica que atravesa o museo Marco de Vigo a causa das “leas políticas” entre as distintas Administracións públicas que forman o seu padroado. Dende a federación de Servizos sinalan a “irresponsabilidade e incapacidade” do alcalde para chegar a acordos que garantan o futuro do centro e esixen o mantemento de todos os postos de traballo.

O responsábel de Negociación Colectiva da CIG-Servizos, Pedro Pérez, alerta da delicada situación na que se atopa o museo despois de que a achega de fondos municipais se reducise en 200.000 euros, o que significa un recorte do 25%.

Critica tamén que “a irresponsabilidade e incapacidade” do alcalde para chegar a acordos coas distintas Administracións públicas (Ministerio de Cultura, Xunta e Deputación de Pontevedra) que forman parte do padroado do centro “está a provocar que o buque insignia cultural da cidade se afunda e se afogue economicamente”.

Ao mesmo tempo, acusa o resto do padroado de utilizar o museo como arma electoral “vingándose da cidade ao negarlle as achegas económicas comprometidas tanto en 2013 como en anos anteriores”. De feito, os representantes do Ministerio, Xunta, Deputación e PP de Vigo non acudiron á última xuntanza do padroado onde se aprobou o orzamento da entidade “para non dar explicacións sobre os seus incumprimentos”.

Pérez lamenta que unha vez máis os traballadores/as sexan os máis prexudicados, xa que as primeiras medidas adoptadas pasan pola redución dos salarios nun 25% “e a desaparición de empregos nas contratas que traballan no centro, que verán reducidas as xornadas en mantemento, limpeza e atención ao público, ademais da supresión do servizo de seguridade”.

O despedimento dos cinco axentes de vixilancia resulta especialmente grave tendo en conta que no Marco atópase en custodia o depósito artístico e cultural do Concello de Vigo, “ademais da importancia do propio edificio como patrimonio histórico da cidade”. Segundo manifesta, esta situación vai impedir a organización de “exposicións de importancia” como até o de agora.

Finalmente, adianta que dende a CIG-Servizos están a facer as xestións oportunas para intentar solucionar esta problemática e fan un chamamento ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e aos responsábeis do Ministerio de Cultura para que aposten polo mantemento da infraestrutura cultural e de todos os postos de traballo.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: