A XUNTA INFORMA AO SECTOR DA SUBA DUN 7,75% EN TOTAL DOS TACs E COTAS DAS PRINCIPAIS ESPECIES QUE GALICIA PODE PESCAR EN 2013

  • Rosa Quintana transmitiulle aos membros do Consello Galego de Pesca a importancia do traballo previo de documentación e de análise científico e socioeconómico realizado para acadar uns resultados satisfactorios tralas duras negociacións

Santiago, 27 de decembro de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta tarde cos membros do Consello Galego de Pesca para informalos sobre os resultados acadados no último Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea en relación aos TACs e cotas para 2013. A conselleira trasladou aos representantes do sector que, en total, as posibilidades de pesca para o 2013 para España se incrementan nun 7,75% respecto dos TACs e cotas obtidos en 2012 nas principais especies que Galicia pode pescar. Na xuntanza, conselleira e representantes do sector analizaron as posibilidades de pesca acadadas en relación ás especies máis importantes para a frota galega.

A conselleira transmitiulle ao sector a importancia do traballo previo de documentación e de análise científico e socioeconómico realizado para acadar os resultados que superaron as expectativas do duro punto de partida da negociación. A titular de Mar tamén valorou os esforzos e o traballo responsable dos pescadores galegos realizados para axustar o esforzo pesqueiro.

Grazas a ese labor conxunto acadouse o aumento xeral de máis dun 40% no TAC do lirio, dun 15% na pescada do Cantábrico e dun 42% no TAC da cigala de Gran Sol, na área de Porcupine. Outro dos aspectos positivos foi o de conseguir manter os TACs de especies principais para a frota galega, como a pescada norte, rapante ou badexo, sobre todo, tendo en conta que a Comisión Europea propoñía nalgúns casos reducións superiores ao 30%.

Ademais tamén se conseguiu evitar o descenso do TAC en especies coma o peixe sapo, que pasou dunha redución dun 20% proposta nun principio, a unha redución do 5%. No caso do peixe sapo no Cantábrico Noroeste acadouse frear a redución dun 37% a un 25%.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: