EDITORIAL GALAXIA PRESENTA O CONCERTO DE MARÍA FUMAÇA en Cangas

editorialgalxiaSábado 29 de decembro ás 18.00 h. no Auditorio do Concello

María Fumaça é unha locomotora comandada por Uxía, chea de alegría e que viaxa, con estación e todo, por Galicia enteira enchendo os teatros de música, baile e felicidade.

MARÍA FUMAÇA

 

Ás 18 horas no Auditorio Municipal, celebraremos un acto no que tamén colaborará ASPAMSIM, unha entidade do Morrazo de pais e nais pola integración.

No concerto espérannos un mollo de cancións das que forman parte do libro-disco-dvd María Fumaça (Editorial Galaxia) e na que participan artistas como Uxía, Carlos Blanco, Isaac Palacín, Magín Blanco, Sergio Tannus ou Tanxarina Teatro e que naceu como un agasallo para Ruí, un cativo con parálise cerebral e afillado de Uxía

María Fumaça estará no Auditorio de Cangas o sábado 29 de decembro, ás 18,00 horas. María Fumaça é unha locomotora moi especial que percorre as nosas paisaxes espallando boa música, ilusión e alegría ao su paso.

María Fumaça nace como unha idea de Uxía Senlle para agasallar a Ruí, o seu afillado, un neno marabilloso que ten unha discapacidade. Dende hai anos, polo nadal, unha morea de artistas amigos xuntábanse na casa de Ruí para agasallarlle as súas cancións, a súa alegría e para facer entre todos esta gran festa da vida que é María Fumaça. Tamén móstrannos a todos que a diferenza, vivida con normalidade, amplía os nosos horizontes e fai o noso mundo máis grande.
E cun proxecto tan integrador coma este, non podíamos esquecer que en Cangas existe unha asociación de nais e país de nenos e nenas con discapacidade, chamada ASPAMSIN, que fai un gran traballo a prol da integración todos os días do ano. Por iso falamos con eles e convidámolos a participar en María Fumaça. Convite que eles aceptaron encantados.
A Editorial Galaxia convida a asistir ao espectáculo a todos os rapaces da asociación e tamén nos comprometemos a facer unha doazón económica: por cada libro de María Fumaça que vendamos no concerto, a Editorial Galaxia destinará 3 euros a fins sociais.

 

Tamén contamos coa colaboración doutra institución moi importante para todos nós: o Conservatorio de Cangas, que promete algunha sorpresa durante o espectáculo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: