Actividades Novacaixagalicia – Vigo

NOVACAIXAGALICIA XA É UNHA FUNDACIÓN ESPECIAL

O Consello de Administración de Novacaixagalicia, que aprobou por unanimidade o pasado 21 de decembro trasladar á Xunta de Galicia que xa iniciara os trámites para se converter nunha fundación de carácter especial, levaba traballando neste proceso desde o pasado verán, cando, no seus consellos do 28 de xuño e 17 xullo, aprobou a folla de ruta que a levaría á entidade a transformarse na devandita fundación. Hoxe, cinco meses despois desa aprobación, a Xunta constatou que se debe dar ese paso, polo cal, desde hoxe, Novacaixagalicia é xa unha fundación especial.

Nova tempada de abonos de teatro en Novacaixagalicia de Vigo

Novacaixagalicia pon á venda, a partir do vindeiro día 2, os abonos para os espectáculos de teatro incluídos na programación cultural do primeiro semestre do novo ano 2013, que albergará o teatro do seu Centro Cultural de Vigo. Os espectadores que o desexen poden adquirir a tempada completa ou ben fragmentar a compra e mercar, nun principio, a primeira parte, que correspondería aos espectáculos de febreiro e marzo. Esta nova tempada achegará á cidade a Núria Espert, José Sacristán, Maribel Verdú, Héctor Colomé, Lolita Flores, Paz Padilla, Itziar Miranda, Antonio Molero, Kiti Mánver, Gisela, Bruno Squarcia, Isabel Ordaz, entre outros.

Berrogüetto en Novacaixagalicia de Vigo

O recoñecido grupo de música folk galego, Berrogüetto, acaba de anunciar Xira de andar por casa, a primeira que realizan en formato acústico nos seus dezasete anos de historia. A cita na cidade olívica terá lugar o día 4 de xaneiro de 2013 no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo ás 21:30 h.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: