David Regades sobre a Comisión de Seguimento do novo hospital – Vigo
Vigo, 28 de decembro de 2012.- O Concello de Vigo, a través do seu edil de Fomento,
David Regades, aclara que a reunión da Comisión de Seguimento do Convenio marco para a
execución das obras do novo hospital de Vigo do 27 de decembro coincidiu co pleno
municipal no que se aprobraron inicialmente os orzamentos de 2013. Deste xeito, e tal e
como lle avanzou por carta o edil á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, os
representantes municipais non poideron acudir a esta reunión. A este respecto, e para que
estas situacións non se repitan, sería convinte unha comunicación previa entre as partes
para fixar a data das reunións antes da súa convocatoria, que a Xunta realiza
unilateralmente.
En todo caso, como xa lle foi comunicado á titular de Sanidade nunha carta, os temas
centrais do hospital en relación co Concello están supeditados a reunión entre o presidente
da Xunta e o alcalde de Vigo, que este solicitou no seu día para abordar temas de interese
para a cidade entre os que, obviamente, figura o novo hospital.