FRANCISCO CONDE SALIENTA QUE A PARTICIPACIÓN DE GALICIA NA ESTRATEXIA ESTATAL DE INNOVACIÓN e2I PERMITIRÁ AVANZAR NA RECUPERACIÓN ECONÓMICA MOBILIZANDO 80 MILLÓNS DE EUROS

descarga (2)  O  conselleiro de Economía e Industria destaca que o acordo que se acaba de autorizar co Ministerio de Economía e Competitividade posibilitará a creación de máis de 300 empresas innovadoras

Conde asegura que “estamos centrándonos no impulso do talento innovador para favorecer o desenvolvemento da nosa economía”, polo que é clave a labor do Muncyt achegando a ciencia á sociedade.

A Coruña, 28 de decembro de 2012.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe durante a súa visita ao Muncyt que o convenio que acaba de ser autorizado co Ministerio de Economía e Competitividade para a participación de Galicia na Estratexia Estatal de Innovación (e2i) permitirá importantes avances na aposta da Xunta polo impulso da innovación como unha das claves da recuperación económica de Galicia, posibilitando a creación de máis de 300 empresas innovadoras.

No seu primeiro acto institucional na cidade da Coruña, Conde destacou que coa posta en marcha de actuacións estratéxicas por 35 millóns de euros para a I+D+i galega mediante o acordo que acaba de autorizar o Goberno central se realizarán investimentos por un total de 80 millóns de euros, coa mobilización adicional de investimentos privados e públicos.

As iniciativas incluídas no convenio son “todas elas  complementarias e en colaboración cos diferentes ámbitos”, tal e como salientou o conselleiro, e vertébranse en torno a cinco eixos estratéxicos. Así, poñeranse en marcha contratos programa para a consolidación de centros de coñecemento; crearase un foro de excelencia e crecemento empresarial; impulsarase a dinamización dos diferentes fondos tecnolóxicos; e fomentarase a incorporación de talento innovador ás empresas e a captación de talento internacional.

En relación con este último apartado, o conselleiro de Economía e Industria asegurou que “estamos especialmente ilusionados con esta nova liña de traballo porque hai experiencias de galegos que están a ter éxito fóra e que poden retornar e aportar moito a Galicia neste obxectivo de impulsar a innovación e a competitividade”.

Divulgación do coñecemento

O conselleiro de Economía e Industria, que percorreu o Muncyt acompañado polo alcalde da Coruña, Carlos Negreira, salientou que “estamos centrándonos no impulso do talento innovador, que debe permitir fomentar medidas de emprendemento e favorecer a recuperación económica e o desenvolvemento da nosa economía”. Neste sentido, Francisco Conde manifestou que “estamos moi orgullosos da aposta do Ministerio por ter este Museo en Galicia, un proxecto moi importante para achegar e transmitir a educación científica e a sociedade do coñecemento aos máis novos e a toda a sociedade en xeral”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: