NCG acepta 11.718 solicitudes de arbitraxe de produtos híbridos en cinco meses

O banco abonou 208 millóns por laudos a favor de 10.872 clientes

  • ·         Os casos non concluíntes están sendo revisados por segunda vez
  • ·         O proceso da arbitraxe continúa aberto
  • ·         Calquera cliente non admitido a arbitraxe mantén aberta a vía xudicial

28.12.2012. NCG Banco aceptou someterse a arbitraxe en 11.718 casos priorizando aqueles con claros erros na comercialización. Un total de 10.872 clientes de NCG Banco (Novagalicia e EVO) con participacións preferentes e obrigacións subordinadas obtiveron nos últimos cinco meses o abono do produto adquirido en anos anteriores, debido a laudos arbitrais favorables aos clientes. Outras 846 familias dispoñen de aceptación do banco para someterse a arbitraxe de consumo, aínda que o seu caso aínda está pendente de celebración da vista ou de notificación do laudo correspondente.

Ata a data hai 37.193 clientes de NCG Banco que presentaron solicitude de arbitraxe. O proceso da arbitraxe continúa aberto e as solicitudes que aínda non foron respondidas, porque ata o momento a análise dos casos non foi concluínte, están sendo sometidas a unha segunda revisión para comprobar si existiron ou non defectos na comercialización do produto.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: