O RIGOR E A SOLVENCIA DAS CONTAS PÚBLICAS PERMITEN Á XUNTA O MANTEMENTO DAS GRANDES INFRAESTRUTURAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • Increméntase o diñeiro para conservación e mantemento de estradas na provincia, con máis de 12 millóns de euros, capítulo que experimenta un crecemento de case o 15% con respecto ao 2012
  • En materia viaria destaca o investimento para a Vía de Altas Prestacións Tui- A Guarda (12,4 M€), os accesos á Plisan (3,40 M€)e o convenio para a supresión das peaxes do Morrazo e redución da AG-57 (4,61)
  • A mellora dos saneamento e abastecemento da provincia queda blindada cun orzamento de máis de 30 millóns de euros, onde destaca a inversión para a Edar de Vigo (8,5 M€)
  • A Consellería tamén finalizará en 2013 as vivendas de promoción pública que está a construír na cidade do Lérez, cun investimento de 7 millóns de euros. Asi mesmo, destinará 2 millóns ao programa Aluga e outros tantos á rehabilitación

Santiago, 28 de decembro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca o rigor e a solvencia das contas da Xunta permitirán  á Administración galega o mantemento das grandes infraestruturas nas provincia de Pontevedra. Os orzamentos para o ano 2013, que foron aprobados onte polo Consello da Xunta, e que hoxe foron remitidos ao Parlamento de Galicia, posibilitarán que a Consellería poida dar continuidade ou rematar as grandes obras que se atopan en marcha na provincia de Pontevedra en materia de estradas, saneamento, abastecemento, vivenda e equipamentos públicos, aos que destinará o vindeiro ano un investimento de máis de 105 millóns de euros.

Actuacións máis destacadas

O principal esforzo do departamento que dirixe Hernández centrarase en incrementar o diñeiro para conservación e mantemento de estradas, con máis de 12 M€, capítulo que experimenta un crecemento do 15% con respecto ao 2012. Así mesmo, continuarase coas obras da vía de altas prestacións Tui- A Guarda, coa reserva de 12,44 millóns de euros; mantense o convenio de supresión das peaxes do Morrazo e a redución da AG-57 con 4,6 M€, e avanzarase no remate das obras de humanización e mellora de seguridade viaria Vigo- Praia América (PO-325) (case un millóns de euros) e de Baiona- A Guarda (0,81 M€), e para o desdobramento Pino- Bora.

Os accesos á Plisan terán un investimento de 3,40 millóns de euros para dar un impulso a esta obras; que se completarán coa a urbanización desta plataforma loxística.

No conxunto global da provincia, en materia de infraestruturas viarias habilitase unha partida de case 45 millóns de euros.

Compromiso co medio ambiente

Ademais, as contas da Consellería de Medio Ambiente permitirán manter os compromisos ambientais coa calidade das augas, coa xestión de residuos e coa ordenación do territorio. Investiranse máis de 30 millóns de euros en infraestruturas hidráulicas, entre as que destacan as seguintes actuacións: a Edar de Vigo (case 9 M€) e de Baiona (1,07 M€), a mellora da rede de infraestruturas do Concello de Marín (2,37 M€) ou da Etap de Nigrán (1,12 M€), e a culminación das accións de mellora do saneamento do rural da cidade de Pontevedra (1,29 M€). Pola súa banda, as actuacións do Plan Umia recibirán 1M€.

Tamén se habilitan partidas económicas para rematar os puntos limpos que axudarán a mellorar a xestión dos residuos sólidos urbanos nos concellos de Mos e Nigrán.

Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén finalizará en 2013 as vivendas de promoción pública que está a construír na provincia pontevedresa, onde destaca a urbanización do barrio de Monteporreiro, na Cidade do Lérez (7M€). As liñas de actuación en materia de vivenda e solo completaranse coas axudas á rehabilitación de inmobles, á subvención das axudas do Programa Aluga e á adquisición de vivenda. Así, o capítulo de promoción de vivenda e solo implica un investimento global de máis de 20 millóns de euros para o 2013.

 

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

2013

 

44,93 M€

 

 

  ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS

2013

  VAP Tui – A Guarda

12,44 M€

  Conservación de estradas

12,12 M€

  Convenio supresión peaxes Morrazo e redución AG-57

4,61 M€

  Acondicionamento PO-241 Treito Caritel – A Lama

1,12 M€

  Humanización e mellora da seguridade viaria PO-325 Vigo – Praia América

0,97 M€

  Humanización e mellora da seguridade viaria PO-552 Baiona – A Guarda

0,81 M€

  Desdobramento vía urbana Ponte Bora – O Pino

0,65 M€

 

AUGAS DE GALICIA

2013

 

33,34 M€

 

 

  ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS

2013

  EDAR de Vigo

Convenio Acuanorte

8,57 M€

  Infraestruturas hidráulicas no concello de Marín

Convenio Concello de Marín

2,37 M€

  Colectores xerais e EDAR do Grove

1,71 M€

  Actuacións de saneamento nas parroquias do concello de Pontevedra

1,29 M€

  Melloras na ETAP de Nigrán

1,12 M€

  Colectores xerais e EDAR de Baiona

1,07 M€

  Actuacións Plan Umia

1,05 M€

  Sistema de saneamento do Louro e EDAR de Guillarei.

1,05 M€

 

 

SX ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO

2013

 

2,23 M€

 

 

  ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS

2013

  Actuacións en materia de urbanismo. Plan Hurbe. Baiona

Humanización da travesía interior de Sabarís. Fase I

1,10 M€

  Desenvolvemento PS-5 ETEA

0,75 M€

  Axudas para a redacción de planeamento urbanístico

0,38 M€

 

VIVENDA E SOLO

2013

 

19,88 M€

 

 

  ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS

2013

  Construción de VPP Pontevedra

7,00 M€

  Axudas Rehabilitación

2,08 M€

  Programa Aluga

1,91 M€

  Melloras no Barrio de Monteporreiro. Pontevedra.

0,92 M€

  Solo residencial San Paio de Navia

0,44 M€

  Axudas adquisición de vivenda

0,15 M€

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: