Concello de Vigo

 


O alcalde cita a atención social e a creación de emprego como as bases da acción municipal en 2012

Abel Caballero fixo este venres balance do ano que remata, un 2012 “malo” polo contexto económico e laboral que, a nivel do Concello, arroxa un saldo de 3.800 empregos creados, entre directos e indirectos, e atención social en bolsas de inglés, comedor e libros, e a apertura do Centro de Inclusión Social.

 


O alcalde aboga por reeditar a colaboración institucional do Plan de Competitividade Turística

Abel Caballero fixo esta mañá un chamamento a manter a colaboración entre Goberno de España, Xunta e Concello para asinar un segundo Plan de Competitividade Turística, avanzando que o Goberno municipal está disposto a aportar a mesma cantidade que no actual. Así o explicou durante a presentación da nova páxina web de Turismo de Vigo, nun acto no que destacou a capacidade endóxena de Vigo para atraer visitantes.

 


Caballero anima á cidadanía a participar na San Silvestre Solidaria do derradeiro día do ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou hoxe á participación da cidadanía na San Silvestre solidaria, cuxa oitava edición terá lugar no parque de Castrelos este vindeiro luns ás 17:00 horas.

 

O Concello organiza o Parque Infantil de Nadal, do 2 ao 4 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo

A Concellería de Cultura e Festas organiza, dentro da súa programación de Nadal, o Parque Infantil do Nadal de Vigo-PINVI que terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo; o parque contará con diversas actividades para distintas idades: inchables, espazo multiaventura, recuncho de multixogos, obradoiro de educación vial, a presenza do carteiro real e actuacións en directo do pallaso Popín, de monicreques e de Magos.

 


Casting para o musical PETER PAN ON ICE

A produtora do espectáculo familiar sobre xeo, “Peter Pan on Ice”, invita a todas as nenas e nenos da cidade de Vigo a subir ao esceario para ser protagonistas do inicio deste musical, versión modernizada do clásico británico que durante anos ten triunfado nos teatros de Broadway.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: