Archive | diciembre 2012

NCG acepta 11.718 solicitudes de arbitraxe de produtos híbridos en cinco meses

O banco abonou 208 millóns por laudos a favor de 10.872 clientes

  • ·         Os casos non concluíntes están sendo revisados por segunda vez
  • ·         O proceso da arbitraxe continúa aberto
  • ·         Calquera cliente non admitido a arbitraxe mantén aberta a vía xudicial

28.12.2012. NCG Banco aceptou someterse a arbitraxe en 11.718 casos priorizando aqueles con claros erros na comercialización. Un total de 10.872 clientes de NCG Banco (Novagalicia e EVO) con participacións preferentes e obrigacións subordinadas obtiveron nos últimos cinco meses o abono do produto adquirido en anos anteriores, debido a laudos arbitrais favorables aos clientes. Outras 846 familias dispoñen de aceptación do banco para someterse a arbitraxe de consumo, aínda que o seu caso aínda está pendente de celebración da vista ou de notificación do laudo correspondente.

Ata a data hai 37.193 clientes de NCG Banco que presentaron solicitude de arbitraxe. O proceso da arbitraxe continúa aberto e as solicitudes que aínda non foron respondidas, porque ata o momento a análise dos casos non foi concluínte, están sendo sometidas a unha segunda revisión para comprobar si existiron ou non defectos na comercialización do produto.

 

O CCVV comeza a entrega das chaves das 18 Vivendas de Protección Autonómica, sorteadas no mes de xullo

descarga (3) A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch,entregou hoxe as chaves aos 9 novos adxudicatarios dos últimos 18 pisos rehabilitados polo organismo logo de formalizar as súas hipotecas e as escrituras de compravenda. Leer Más…

FRANCISCO CONDE SALIENTA QUE A PARTICIPACIÓN DE GALICIA NA ESTRATEXIA ESTATAL DE INNOVACIÓN e2I PERMITIRÁ AVANZAR NA RECUPERACIÓN ECONÓMICA MOBILIZANDO 80 MILLÓNS DE EUROS

descarga (2)  O  conselleiro de Economía e Industria destaca que o acordo que se acaba de autorizar co Ministerio de Economía e Competitividade posibilitará a creación de máis de 300 empresas innovadoras

Conde asegura que “estamos centrándonos no impulso do talento innovador para favorecer o desenvolvemento da nosa economía”, polo que é clave a labor do Muncyt achegando a ciencia á sociedade. Leer Más…

APROBACIÓN PROXECTOS PID: ENSANCHE E MELLORA DE RODADURA EN CAMIÑOS DE SAN VICENTE, VENTÍN E FORNELOS EN FORNELOS DE MONTES

diputacionpontevedraA Xunta de Goberno acordou hoxe aprobar dez proxectos do Plan de Investimentos da Deputación que suman un investimento total de 1.694.513 euros.

Deste orzamento, 68.531,31  euros serán destinados á execución do proxecto de ensanche e mellora de rodadura en camiños de San Vicente, Ventín e Fornelos, en fornelos de Montes.

A Xunta de Goberno acordou iniciar o expediente de contratación das mencionadas obras.

HORARIOS DE LA NAVIERA MAR DE ONS PARA LAS FIESTAS NAVIDEÑAS

navieramardeons  Vigo, 28 de diciembre de 2012.- Con motivo de la celebración de las fiestas navideñas, la
naviera Mar de Ons realizará los siguientes horarios durante las fechas señaladas:
El próximo 31 de diciembre a último viaje de Mar de Ons desde Cangas será a las 21:00 horas y
desde Vigo a las 21:30 horas.
Los días 1 y 6 de enero el primer barco saldrá de Cangas a las 09:00 horas y de Vigo a las 09:30
horas. Desde ese momento los barcos realizarán servicio cada hora.

Naviera Mar de Ons
Naviera Mar de Ons, fundada en 1993, es la principal empresa gallega de transporte marítimo
de pasajeros y opera en la Ría de Vigo desde el año 1997. Mar de Ons es una de las pocas
compañías del sector que cuenta con la distinción “Compromiso con la Calidad Turística”
otorgada por el Sistema de Calidad Turística en Destino (SICTED). Este certificado garantiza las
buenas prácticas de la compañía y su compromiso con la calidad en la prestación del servicio
de transporte marítimo de pasajeros.

FIGUEROA: “EL PRESUPUESTO DE LA XUNTA GARANTIZA EL SOPORTE ECONÓMICO Y EL COMPROMISO DEL PRESIDENTE CON TODOS LOS PROYECTOS ESTRATÉGICOS Y ESENCIALES PARA VIGO”

ppvigoAlfonso Rueda me ha garantizado que el proyecto de la Ciudad de la Justicia se recuperará en cuanto el Concello de Vigo termine el expediente de cesión de los terrenos”
 
“La Xunta tienen inversiones en marcha en Vigo que superan los 1.200 millones de euros”
 
“La subvención del Marco correspondiente al 2012 se está tramitando y se abonará en las próximas semanas” Leer Más…

O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA TRASLADA AOS TRABALLADORES DE CEMENTOS COSMOS A VONTADE DA XUNTA DE SEGUIR TRABALLANDO PARA GARANTIR A CONTINUIDADE DO EMPREGO

  • Amosou o seu compromiso de manter o diálogo tanto cos empregados como co Grupo Votarantim ao que lle manifestou a disposición da Xunta para facer todo o que ten na súa man co obxectivo de garantir a viabilidade da cementeira Leer Más…

scalextric, en detrás do marco

descarga (1)  Vigo, 22 de decembro de 2012. A cita do domingo 30 de decembro (a partir
das 16 horas) en Detrás do Marco (r./ Londres s/n) é para todas as idades,
maiores e pequenos. Podedes vir cos vosos coches, ou ben utilizar os que
teremos no local e xogar nas dúas pistas de scalextric que estarán
dispostas para vós. Un xogo para todos e todas. Da unha volta co teu coche
polas nosas pistas e recorda os tempos de nenez.

Día: 30 decembro
Hora: 16:00 horas
Lugar: Detrás do Marco (R. Londres s/n)

OS 100 PARTICIPANTES DO PROGRAMA ‘XUNTOS POLO NADAL’ CELEBRAN O FIN DE ANO NA RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN, EN NIGRÁN

Os beneficiarios son persoas maiores que se atopan soas nestas datas de Nadal e non teñen con quen pasar as festas.

Procedentes das provincias de Ourense e Lugo, pasarán xuntos a noite do 31 de decembro cunha programación especial que inclúe cea e baile de Fin de Ano.

O programa comezou o 23 de decembro e o seu último día será o 1 de xaneiro, días nos que os participantes realizaron xogos populares, obradoiros de risoterapia e psicomotricidade, karaoke, bailes de salón, ximnasia ou aerobic, entre outros.

 

 

INVESTIGADORES E PROFESIONAIS DO SECTOR PESQUEIRO EUROPEO ÚNENSE NA BUSCA DE NOVOS MODELOS DE XESTIÓN DA PESCA

O Centro Tecnolóxico do Mar lidera esta iniciativa, cuxa coordinación técnica corre a cargo do Consejo Regional de las Aguas Occidentales del Sur (CCR-Sur)

O obxectivo é por en marcha plans a longo prazo coa participación de tódolos axentes implicados e que garantan unha actividade pesqueira sostible é competitiva