Archive | enero 3, 2013

ECONOMÍA E INDUSTRIA PON EN MARCHA UN PLAN DE MOBILIDADE ELÉCTRICA PARA OS TRABALLADORES DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

  • Os empregados do Parque contan con xa bicicletas eléctricas para os seus desprazamentos laborais, que ofrecen unha alternativa limpa, eficiente e rápida ao transporte convencional diminuíndo as emisións de CO2 
  • A iniciativa completa o Plan de Mellora Enerxética a través do cal as illas contan xa  cunha caldeira de biomasa que fornece enerxía ao centro de interpretación e ás dúas vivendas do persoal, ou cun servizo de préstamo de cargadores solares para os teléfonos móbiles Leer más…

Brincabolechas en Lalín

xoves 3 de xaneiro, o Auditorio Municipal de Lalín acollerá, ás 18:30 h, o divertido espectáculo infantil que marcará estas festas de Nadal en Galicia. Os Bolechas van de circo por toda a xeografía galega co seu Circo de Nadal. Brincabolechas.

Novagalicia Banco pecha con carácter indefinido a súa oficina principal en Moaña

novabancogaliciaPARA GARANTR A SEGURIDADE DE CLIENTES E EMPREGADOS

Novagalicia decidiu pechar, a partir de mañá e con carácter indefinido, a súa oficina principal de Moaña (Pontevedra) ante a imposibilidade de garantir a prestación do servizo e a seguridade dos seus clientes e empregados. Esta decisión tomouse á vista da escalada de protestas habidas na oficina, incluídas ameazas e coaccións por parte dalgúns dos clientes titulares de produtos híbridos

Novagalicia Banco entende as razóns de quen protesta e, por iso, foi a primeira entidade en abrir a vía do arbitraxe, totalmente gratuíta e rápida para os reclamantes. Este proceso extraxudicial iniciouse o 20 de xullo de 2012 e, desde entón devolvéronse 210 millóns de euros aos casos máis claros de mala comercialización e estase procedendo a unha segunda revisión das reclamacións menos claras. Dado o carácter esencialmente voluntario do arbitraxe, Novagalicia reitera que, en defensa da súa continuidade, rexeitará todas as solicitudes que pretendan a súa resolución mediante ameazas ou coaccións aos seus clientes ou empregados.

 

O BNG denuncia o mal estado da contorna do colexio M.R. Sinde

“Ao BNG preocúpalle a falta de seguridade con muros de até 3 metros de altura”

A Guarda, decembro 12. O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou un escrito no rexisto do concello denunciando as malas condicións nas que está a contorna do colexio M.R. Sinde.

Membros do BNG puideron comprobar como ao longo da rúa Tui, moi especialmente no tramo máis próximo ao centro escolar, acumúlanse restos de entullos, plásticos, prefabricados, cravos, … así como maleza un estado deficiente do firme.

Dende o BNG existe unha especial preocupación pola falta de protección que existe entre o camiño e os muros de contención das traseiras dos edificios, o cal supón un perigo polo fácil acceso que teñen os menores. Hai que sinalar que estamos a falar de muros de até 3 metros  de altura sen protección.

Dende o BNG lembránlle ao alcalde da Guarda, X.M. Freitas, que habendo un centro escolar de infantil e primaria tan próximo deberan primarse as precaucións en seguridade e limpeza.

“O grupo de goberno do PSOE debe tomar medidas urxentes, os arredores dos centros escolares deben ser especialmente seguros para que logo non lamentar ningún tipo de accidente” comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.

Segundo o BNG, o actual estado da rúa xa xerou algún que outro accidente entre os pais que van recoller aos seus fillos e fillas ao colexio.

NOVAS INCORPORACIÓNS A FUNDACIÓN PENZAL NO MEDIO SÉCULO DA SÚA EXISTENCIA

Cúmprense cincuenta anos da inaugración en Vigo (1963 

dun dos grandes centros da nosa memoria histórica

A Fundación Penzol, inciativa do bibliófilo galeguista Fermín Penzol Labandeira (1901-1981) está a piques de cumprir 50 anos de existencia. Para a conmemoración deste acontecemento preparamos unha serie de actividades que iremos presentando ao longo dos próximos meses.

Na última xuntanza da Fundación incorporáronse novas persoas ao Padroado: María Dolores Villanueva, Carmen Pérez Pais, Manuel Puga, Silvestre Gómez Xurxo, Xavier Martínez Covas e Andrés Dapena Paz. Novas achegas para continuar o camiño dos fundadores: o mantemento dun gran centro de documentación ao servizo da cultura galega e o galeguismo.

A Fundación Penzol empezou a andar no mes de maio de 1963 nunhas dependencias da rúa Policarpo Sanz. Arestora os investigadores e estudosos poden acudir aos seus fondos na Casa da Cultura da cidade de Vigo (praza da Princesa).

 

 

 

 

NCG Banco vende o seu 2,58% en T-Solar Global

03.01.2013. NCG Banco vén de vender o 2,58% da compañía de enerxía fotovoltaica T-Solar Global. A operación supón a venda do paquete de 2.873.507 accións do que era titular NCG Banco a unha sociedade do Grupo Isolux Corsán, accionista maioritario de T-Solar.

T-Solar Global é unha empresa especializada na fabricación de módulos solares de lámina delgada de silicio e no desenvolvemento e explotación de centrais fotovoltaicas de gran tamaño.

A operación forma parte do programa de desinversiones deseñado por NCG Banco para reforzar o seu plan de recapitalización.

 

Cursos de cociña na Fundación Novacaixagalicia

cocineroA Fundación Novacaixagalicia inicia a súa actividade neste novo ano 2013 coa apertura da matrícula para os seus cursos de cociña que terán lugar ao longo dos meses de febreiro, marzo, abril e maio. A formalización para participar nestas aulas pódese realizar a través da web www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.