Concello de Vigo

 


O Parque Infantil de Nadal reuniu na súa primeira xornada máis de 1.000 nenos no Auditorio Mar de Vigo

Máis de mil nenos disfrutaron onte da primeira xornada do Parque Infantil de Nadal organizado polo Concello no Auditorio Mar de Vigo. Durante tres días, os máis pequenos poderán participar nos xogos, obradoiros, espectáculos ou monicreques que forman parte desta «excepcional» idea de organizar un parque infantil no centro da cidade.

 

O rexedor afirma que a presión fiscal baixou en Vigo nun punto e medio mentres sube en todas as cidades de España

A presión fiscal en Vigo caeu nun punto e medio, tendo en conta que o IPC subiu , case un 3%, moito máis do que subiron as taxas municipais (2,1%) e que se conxelou o transporte urbano e a auga. Esta baixada contrasta, dixo o rexedor, coa tendencia xeralizada de subidas no resto dos municipios de Galicia e de España.

 


Exposición «Arquivo Fotográfico Pacheco. Arquivo vivo» na Casa das Artes

Desde o xoves e ata o 7 de abril a Casa das Artes acolle a exposición «Arquivo Fotográfico Pacheco. Arquivo vivo».O alcalde invitou a toda a cidadanía a visitar a exposición porque «van atoparse coa súa historia».

 


Caballero suscribe a petición dos empresarios do Porto de reclamar unha cidade de transporte no sur de Galicia

O alcalde de Vigo pasou esta mañá revista á situación do Porto durante un encontro que mantivo con responsables de Logidigal, asociación de empresarios da estiba, descarga ou loxística de Vigo. A necesidade de contar cunha cidade de transporte no sur de Galicia ou converterse en porto nodal europeo son as principais conclusións da reunión, tal e como explicou Caballero.

 


O rexedor presentou o Circuíto de Carreiras Populares, que aspira a levar a 12.000 atletas ás rúas este ano

O alcalde de Vigo desvelou hoxe a identidade das probas adscritas á quinta edición do circuíto de carreiras populares, que o Concello non só mantén senón que vai a potenciar en 2013 cun incremento dos premios en metálico, sumando unha nova categoría e adherindo máis probas ao programa. «Son nove máis unha», asegurou o rexidor municipal, en relación a que a Media Maratón Cidade de Vigo, prevista para o 12 de maio, «aparecerá próximamente».

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: