DOG PUBLICA HOXE O INFORME FAVORABLEMENTE AO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DA COLONIA HISTÓRICA ‘A SOIDADE’, EN VIGO

 

  • A Consellería de Medio Ambiente concluíu a tramitación da Avaliación ambiental estratéxica, que resolve que non se prevén efectos ambientais derivados das actuacións previstas
  • O obxectivo deste plan é a protección, a rehabilitación e a mellora do medio urbano do ámbito, e, especialmente, dos elementos máis característicos da arquitectura, da paisaxe do conxunto, a fin de acadar a súa integración social, económica e funcional no tecido urbano

Santiago, 03 de xaneiro de 2013.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da polo que se decide non someter o Plan Especial de Protección da Colonia Histórica ‘A Soidade’, no Concello de Vigo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, pollo que se conclúe a tramitación da Avaliación ambiental estratéxica do Plan. O obxectivo deste plan é a protección, a rehabilitación e a mellora do medio urbano do ámbito e, especialmente, dos elementos máis característicos da arquitectura, da paisaxe do conxunto, a fin de acadar a súa integración social, económica e funcional no tecido urbano.

Neste caso, trátase dun conxunto de 44 vivendas unifamiliares, construídas principalmente entre os anos 60 e 70, no contorno da igrexa parroquial da Soidade e ademais destacan dúas edificacións singulares incluídas no catálogo de bens culturais do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o chalé Francisco Ulloa e a igrexa da Soedade.

Despois de analizar a documentación aportada polo concello da cidade olívica, resolveuse que non se prevén efectos ambientais derivados que podan resultar da execución de posibles actuacións, senón que terán efectos positivos sobre o ambiente urbano, xa que protexerán e acondicionarán os elementos segundo os seus valores arquitectónicos, patrimoniais e ambientais.

No corazón de Vigo

Este núcleo de vivendas atópase no corazón da cidade de Vigo e forman un conxunto de vivendas con zonas axardinadas anexas nas que se atopan diversas especies vexetais singulares. Ao norte, linda co Parque do Castro, un dos principais espazos verdes públicos urbanos da cidade que, pola súa disposición topográfica, constitúe un miradoiro natural e un sitio de referencia paisaxística. Este grupo de inmobles forman unha zona urbana antropizada e, ao mesmo tempo, de elevada calidade ambiental.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: