GALICIA REXISTROU NO MES DE DECEMBRO UN TOTAL DE 278.787 DESEMPREGADOS

  • inem A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou o dato deste mes como negativo en tanto se ten rexistrado un aumento do desemprego
  • Salientou que Galicia é, en termos interanuais, a sexta comunidade autónoma onde menos sube o paro
  • O dato rexistrado este mes é o máis baixo dos últimos seis anos en Galicia
  • Lembrou que en decembro rexístranse tradicionalmente incrementos do desemprego nesta comunidade autónoma

Santiago, 3 de xaneiro de 2013.- Galicia rexistrou no mes de decembro un total de 278.787 persoas desempregadas. Isto supón un incremento de 2.251 persoas, o que supón en termos porcentuais un aumento do 0,81 por cento.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, considerou que o dato deste mes é negativo en tanto se ten rexistrado un aumento do desemprego en Galicia. Neste sentido, explicou que nestas datas en Galicia tradicionalmente se producen incrementos do paro, ao contrario que noutras comunidades autónomas que teñen un maior empuxe turístico ou de comercio no Nadal. “Mesmo en épocas de bonanza económica, Galicia rexistraba aumentos do desemprego no mes de decembro”, explicou a responsable autonómica.

Neste sentido, precisou que o dato rexistrado este mes de decembro é o máis baixo dos meses de decembro dos últimos seis anos de Galicia. Ao respecto, precisou que nestes seis anos, agás no 2007, os incrementos foron como mínimo sempre de máis do dobre que o do rexistrado este ano.

Por outra banda, a directora xeral fixo fincapé tamén en que se conseguiu inverter a tendencia da evolución interanual. Así, este mes o dato interanual galego (+7,96%) é mellor que o do Estado (+9,64%), cando hai un ano a situación era á inversa. Deste xeito, Galicia sitúase como a sexta comunidade autónoma onde menos sube o desemprego en termos interanuais.

Se se analizan os datos de desemprego en Galicia por sectores, obsérvase que o desemprego baixou no sector servizos (-757) e no colectivo sen emprego anterior (-672). Pola súa banda, o paro aumentou na construción (+1.876); na industria (+1.259); e na agricultura e a pesca (+545).

Por provincias, o paro incrementouse neste mes en todas elas, agás en Ourense onde baixou en 90 persoas. Onde máis subiu foi na Coruña (+1.750), seguida por Pontevedra (+555) e por Lugo (+36).

No mes de outubro rexistráronse en Galicia un total de 44.779 contratos, 6.879 contratos menos que no mes anterior; deste total, 3.670 foron indefinidos (8%) e 41.109 temporais (92%).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: