BRAVO BOSCH INAUGURA O OBRADOIRO DE EMPREGO PORREMPREGO I, QUE FORMARÁ A 34 PERSOAS DESEMPREGADAS EN XARDINERÍA, FORMACIÓN SOLAR TÉRMICA E ATENCIÓN SOCIOSANITARIA

  • descarga  A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona este programa mixto de formación e emprego cun investimento de 300.000 euros.
  • O fin último que se pretende con estes OOEE é acadar a inserción no mercado laboral da maioría dos seus participantes.
  • As persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes.

O Porriño, 04 de xaneiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, inaugurou esta mañá, acompañada do alcalde da localidade do Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de Emprego, Alejandro Lorenzo, o obradoiro de emprego Porremprego I que a Consellería de Traballo e Benestar concedeu ao concello do Porriño e que hai uns días comezou a formar a un total de 34 persoas desempregadas.

Este programa mixto concedido pola Xunta de Galicia ofrece formación e emprego nas especialidades de xardinería, formación solar térmica e atención sociosanitaria a un total de 34 persoas desempregadas durante 6 meses. Ademais, conta cos correspondentes equipos de xestión e docencia. A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona así con preto de 300.000 euros (299.763,72) este programa –ao que o concello lle engade 160.000 euros de fondos municipais- para intentar chegar ao obxectivo último de acadar a inserción no mercado laboral da maioría dos seus participantes.

O OOEE Porremprego I formará a 34 persoas en auxiliar de xardinería (8), mantemento de xardíns (8), atención sociosanitaria (8) e formación solar-térmica (10). As actuacións que se engloban no proxecto son a recuperación e instalación de xardíns no parque de San Campio – Pontellas; sementa de céspede no campo de fútbol da Granxa; a sementa de céspede e instalación de rego no campo de fútbol de Mosende; unha instalación solar-térmica no Pavillón Municipal e, por último, a instalación xeotérmica da Piscina Municipal. Mentres, na especialidade de atención sociosanitaria, os alumnos e alumnas dispoñen dun aula apropiada e específica no Multicentro de Torneiros, totalmente equipada cos materiais necesarios para levar adiante a súa formación da forma máis real posible.

A administración autonómica espera que preto dun 70 por cento dos participantes cheguen á meta final deste programa, a inserción real no mercado laboral. Esta previsión faise tendo en conta os resultados de ocupación laboral que recolle o Servizo Público de Emprego Estatal para estas accións concretas.

Os obradoiros de emprego destínanse aos colectivos de  desempregados e desempregadas que teñen especiais dificultades de inserción no mercado laboral. Os participantes teñen 25 ou máis anos de idade e percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os 6 meses que duran os proxectos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: