MERCADO DE REIS – Vigo

sábado 5 de xaneiro, FEIRA, convértese no mellor lugar para buscar o agasallo perfecto, produtos artesanais e ecolóxicos. Cestos, cerámica, bixutería, cantería, obxectos de madeira, metal, coiro, libros, xoguetes, artigos tanto para home como para muller, para os nenos, para os avós… Pásate e verás!!

E para poder pasar todo o día disfrutando no mercado teremos actividades para toda a familia. Obradoiros e degustacións, realizados polos propios artesáns de FEIRA, e música:

Ás 12:00h Meles JS  realizará un obradoiro “Facendo  velas” no que os rapaces poderán facer con diferentes moldes velas de distintas cores

Ás 13:00h A Sazón ofrecerá a degustación das súas marmeladas artesanas feitas con froita galega.

Na sesión “vermut”, sobre a 13:30 e mentras tomamos unha ración de polbo do Carballiño comezará a sonar o grupo 2us formado polo clarinetista Fernando Abreu (coñecido tamén polos seus traballos co Cuarteto Caramuxo, a Banda Crebinsky e as colaboracións coa artista Mercedes Peón) e o guitarrista Pablo Carrera. Esta formación que xa sacou o seu segundo disco “Dous” fai un tipo de música popular, que nos traslada ata as vodas de Bulgaria, as romarías de Galicia, os poboados de África, as praias do Brasil ou os clubes de Chicago. Música fresca e de rúa para un día de compras no mercado.

Ás 16:30h Chus Láuzara ensinará técnicas para pintar con acuarelas no obradoiro “Acuarelas na rúa”, dedicado especialmente aos rapaces.

A partir das 18:00h APEGA (Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos) convidará á degustación de viño quente con especias, que fará que coa caída do sol, manteñamos o corpo quente, mentras continuamos coas compras por este fantástico mercado de reis.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: