LOUZÁN E BAS INAUGURAN HOXE A REMODELACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE CHAPELA NO QUE DEPUTACIÓN E CONCELLO INVESTIRON 485.737 EUROS

O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán,e o alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, inauguran hoxe ás 18:15 horas xunto cos veciños da vila as obras de reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela que se levou  a cabo a través da colaboración entre o Concello de Redondela  e a administración provincial.

O investimento destinado a esta actuación ascendeu a 485.737,56 euros dos cales a Deputación financiou 346.384,75 € e os restantes 139.352,81 foron asumidos pola administración local.

As selección absolutas de balomán de Galicia e Australia serán as encargadas de estrear oficialmente as instalación cun partido amizoso esta tarde a partires das 19.00 horas.

O pavillón polideportivo de Chapela, de titularidade municipal, presentaba unha serie de deficiencias que impedían a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto na pista de xogo como nos elementos complementarios.

A obra supuxo unha reforma profunda do Pavillón Polideportivo e incluíu actuacións no interior e no exterior do edificio, mellorando tanto a súa funcionalidade como a imaxe externa. Adaptouse o local do semisoto (de 346 m2) para albergar unha Escola Elemental de Música, dotándoo de aulas e salas convenientemente insonorizadas.

Para mellorar as condicións de habitabilidade e o aspecto exterior do edificio, procedeuse ao tratamento das fachadas aumentando o illamento térmico e a impermeabilidade, así como cun pintado integral do edificio.  As terrazas e os seus accesos tratáronse con mortero e pintura impermeable e instalouse un cerramento metálico para evitar actos vandálicos.

Con estas obras, Deputación e Concello apostaron por optimizar recursos e posibilitando que as instalacións non só sigan prestando un servizo ao deporte, senón que abran as súas portas a un novo uso: a formación musical de nenos e nenas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: