BENESTAR RENOVA O SEU COMPROMISO PARA O PROGRAMA DE INTEGRACIÓN FAMILIAR QUE PERMITIRÁ ATENDER A UNS 320 MENORES

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy, asinaron hoxe un convenio de colaboración que renova esta iniciativa, que se vén desenvolvendo desde o ano 1996
  • O departamento autonómico destinará a esta actuación un total de 380.000 euros
  • Deste xeito, mantense o incremento de orzamento realizado en 2012, cando a Xunta aumentou a súa achega a estas actuacións nun 110 por cento
  • Os obxectivos principais do programa son a reunificación familiar no caso dos menores que viven separados das súas familias; e a preservación dos mesmos no seu fogar

Santiago, 7 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños colaborarán de novo en 2013 no Programa de integración familiar, que levan desenvolvendo conxuntamente desde 1996. Esta iniciativa permitirá atender a uns 320 menores e ao redor de 180 familias ao longo deste ano 2013.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a directora xeral da Fundación Meniños, Mónica Permuy, asinaron hoxe o convenio de colaboración que renova esta aposta por manter “unha importante peza nas políticas do Goberno autonómico de apoio ás familias, e especialmente para aquelas que están a atravesar maiores dificultades”.

O departamento autonómico destinará a esta actuación un total de 380.000 euros neste exercicio. “Temos realizado un gran esforzo por manter a nosa achega nos orzamentos deste ano”, subliñou Mato. Ao respecto, lembrou que este esforzo súmase ao que xa se realizou en 2012, cando a Xunta incrementou a súa achega a esta iniciativa nun 110 por cento (o que supuxo uns 200.000 euros máis dos que se destinaban a este fin en 2011).

O programa está dirixido a menores e familias nas que se producen situacións de maltrato ou desprotección. Céntrase principalmente en dúas áreas: a reunificación e a preservación familiar.

En canto á reunificación familiar, nesta área actúase para mellorar a situación sociofamiliar e persoal dos nenos, nenas e adolescentes que tiveron que ser separados das súas familias e residen en centros de acollida. “A finalidade é acadar unha incidencia directa nos núcleos familiares de referencia e favorecer a súa reunificación”, explicou a conselleira.

Por outra banda, a segunda área céntrase na preservación familiar, potenciando os recursos das familias e promovendo os cambios necesarios para previr e evitar que se produza a separación do menor. Para conseguilo, lévanse a cabo distintas medidas como a educación familiar, a intervención psicosocial ou a terapia familiar.

Para desenvolver todo este traballo, o programa conta con distintos profesionais como psicólogos, orientadores, traballadores sociais ou pedagogos. Estes encárganse de “axudar ás familias e menores a resolver problemas de conduta, a construír un ambiente afectivo e protector, e a adquirir hábitos e habilidades de organización familiar”.

Esta iniciativa inscríbese na aposta do Goberno galego por mellorar a calidade de vida das familias galegas, especialmente cando isto repercute directamente nos menores, xa que “o benestar dos nenos, nenas e adolescentes de Galicia é un obxectivo irrenunciable para a Xunta”.

Co obxectivo de manter aos menores nun contorno familiar, ademais desta iniciativa con Meniños, o departamento autonómico desenvolve outra serie de programas. Entre outros, a conselleira citou o traballo dos Gabinetes de Orientación Familiar (GOF), o programa de mediación familiar, a atención en centros de día, os programas de apoio socio-educativo e de tempo libre e mesmo a liña telefónica de axuda á infancia na que tamén se ofrece información e asesoramento ás familias.

Nesta liña de manter aos menores nun contorno familiar, aínda que non sexa o propio, a conselleira lembrou a relevancia do acollemento familiar, tanto en familia extensa como en allea. Neste sentido, recordou que a Lei de apoio á familia e á convivencia recoñeceu ás familias acolledoras como de “especial consideración”.

Por último, recoñeceu o traballo de todos os profesionais que desenvolven o seu labor neste ámbito, e fixo unha mención especial á Fundación Meniños, que leva máis de 15 anos traballando “a prol do benestar e a protección dos dereitos e a vida familiar dos nenos, nenas e adolescentes de Galicia”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: