I Muu¡ Reggae Jamming no Xancarajazz venres 11

descarga   A Asociación Minho Reggae xunto a Muu! Studios organizan a primeira Jam
Session de Reggae este venres, 11 de xaneiro, na sala viguesa Xancarajazz.
Unha oportunidade para ver sobre o mesmo escenarios aos representantes
máis destacables deste estilo no sur da provincia de Pontevedra que
reinterpretarán clásicos da música xamaicana pero tamén crearán novos sons
grazas á improvisación. Todo aquel que o desexe poderá participar, tan só
ten que levar o seu instrumento.

Este era un proxecto que a Asociación viguesa Minho Reggae levaba
perseguindo nos últimos tempos. Conseguir unir á maior parte dos músicos,
grupos, colectivos e amantes do reggae nun evento no que se reflectise que
na escena viguesa tamén hai un oco para a música xamaicana. Para iso
uníronse, nesta ocasión, co estudo de gravación e ensaio Muu!, que dende
hai once anos vén traballando con bandas como Guezos, Ergom, Lamatumbá,
Noitarega,así como con algunhas das formacións máis representativas do ska
e reggae da escena local, como os Transilvanias, Natural Green,
Zamaramandi ou Meninos Carentes.

Dende hai catro anos a Asociación traballa pola difusión, promoción e
apoio do reggae non só no Sur da provincia de Pontevedra senón tamén en
toda Galicia e Portugal, onde en setembro de 2012 organizaron a terceira
edición do Minho Reggae Splash que congregou a un milleiro de persoas.
Grazas ao seu labor nos últimos anos puidemos ver nas Rías Baixas bandas
que nunca chegaran até a nosa Comunidade como os madrileños Blueskank e
Goymamba, os arxentinos Holypiby ou o londiniense Benjammin, entre outros.

Agora céntranse no eido local para demostrar que Vigo e a súa contorna
tamén ten moito que dicir no reggae con propostas interesantes, artistas e
bandas que xa están levando a súa música a outras comunidades como Madrid.
Este venres teremos a ocasión de velos todos xuntos na sala viguesa
Xancarajazz (rúa Isabel II, ao carón do Fraga) a partir das 00.00 horas. O
custe da entrada é de tres euros. Dende a organización do evento convidan
a todos os músicos que o desexen a participar tan só teñen que levar o seu
instrumento.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: