Archive | enero 9, 2013

O CCVV PORÁ NO MERCADO OUTRAS 8 VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA QUE SERÁN SORTEADAS A VINDEIRA PRIMAVERA

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, visitou hoxe as obras xa rematadas das 6 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) sitas na promoción de Ferraría 25, 27, 29, 31 que, xunto cos outros 2 pisos xa rehabilitados no Canellón do Estreito, 12, serán sorteadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), nos vindeiros meses.

  • ·  Trátase doutras 8 VPA que o organismo porá no mercado, despois de que xa foran sorteados e adxudicados un total de 52 pisos de protección e que se traduce en que 42 novas familias residen no barrio histórico grazas ao traballo rehabilitador que ven desnvolvindo o CCVV todos estes anos.
  • ·  Estas 8 VPA corresponden ás promocións Ferraría 25, 27,29, 31 (6 pisos, 5 de 2 dormitorios e 1 de 3) e Canellón do Estreito, 12 (2 pisos, os 2 de 2 dormitorios). O prezo da vivenda más barata anda por volta dos 108.000 euros (sen IVE) e a máis cara dos 207.000 euros (sen IVE). As superficies van dende os 56,81 m2 ata os 116,55m2.
  • ·  Bravo Bosch animou os vigueses e as viguesas a que aposten polo Casco Vello e que se inscriban no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta, no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, no apartado de compra, para poder acceder a estas 8 VPA.