Presentación do libro Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia

editorialgalxia

Coincidindo cos actos arredor do seu nacemento

Mañá xoves, 10 de xaneiro ás 19 horas na Casa Galega da Cultura de Vigo, sita na Praza da Princesa, 2, terá lugar a presentación do libro Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia, promovido pola Fundación Penzol e a Editorial Galaxia e patrocinado polo Concello de Vigo.

Con esta obra queremos sumarnos ás conmemoracións do Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010). E nela, alén dunha sucinta biografía do intelectual galeguista, recóllense unha serie de colaboracións de persoas viguesas ou relacionadas dalgún xeito coa cidade e co personaxe, que abordan facetas salientables do homenaxeado dende o ámbito público ao máis familiar ou da amizade. A xeito de colofón, a publicación remata cunha escolma de textos do propio Francisco Fernández del Riego, que teñen como tema común a cidade de Vigo.

O acto contará coas seguintes intervencións:

1. Benvida e introdución por Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol.
2. Semblanza biográfica de Francisco Fernández del Riego, por Xosé Luis Franco Grande.
3. Presentación do libro a cargo dunha das coordinadoras da edición, Mª Dolores Cabrera ou Malores Villanueva.
4. Clausura a cargo de Abel Caballero Álvarez, Alcalde de Vigo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: