– AXENDA DE ACTIVIDADES – FAVEC – Vigo
Os días 10 e 17 de xaneiro terá lugar na sede da
Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo
Chao» unhas Xornadas de Formación a man de Cristina
Rguez. Ramos, licenciada en Ciencias Políticas e da
Administración e Máster en Intervención en Violencia contra
as Mulleres e Igualdade de Oportunidades, co título
«Sensibilización, detección, prevención e abordaxe da
violencia intrafamiliar» .
As xornadas están subvencionadas pola Concellería de
Benestar do Concello de Vigo e celebraranse en horario de
18.00 a 20.00 hrs.
Aberto ao público en xeral (ata completar aforo)
De seguido comunicámosvos as actividades a realizar esta semana
nas asociacións veciñais que participaron dentro do proxecto de
emprego do Concello de Vigo (Plan de Emprego Municipal 2012)
presentado pola FAVEC:
Luns 7 de Xaneiro Ximnasia en A.VV San Roque de 10:30 a 11:30h.
Ximnasia en A.VV”A Nosa Terra” –Alcabre de 17:00 a 18:00h.
Ludoteca en S.V.C.D Nautilius de 17:00 a 20:00.
Obradoiro de Memoria en A.VV Navia de 16:30 a 18:00h.
Martes 8 de Xaneiro Apoio escolar en S.V.C.D Nautilius de 17:30 a 19:00h.
Apoio escolar en A.VV “O Carballo” Sárdoma de 18:00 a 19:30h.
Obradoiro de Memoria en A.VV Curva San Gregorio de 10:30 a
12:00h.
Mércores 9 de Xaneiro Obradoiros para nenos en A.VV Miñoca de 17:00 a 19:00h.
Obradoiro de memoria en A.VV Monte da Mina de 17:00 a 18:30h.
Obradoiro de memoria en A.VV San Roque de 10:30 a 12:00h.
Xoves 10 de Xaneiro Apoio escolar en A.VV Vilar Gandarón de 18.00 a 19:30h.
Obradoiro de Memoria en A.VV Teis de 17:30 a 19:00h.
Pintura en A.VV”A Nosa Terra” Alcabre de 17:00 a 18:30h.
Venres 11 de Xaneiro Risoterapia en A.VV Praza da Miñoca de 10:30 a 12:00h.
Musicoterapia en A.VV “Pontenova” Freixeiro de 17:30 a 19:00h.