Concello de Vigo

 


O Concello colabora nunha iniciativa 2.0 para buscar emprego a mulleres vítimas de maltrato

O Concello de Vigo, a través do Plan Municipal de Emprego, cooperou no proxecto da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de abrir unha nova oportunidade de búsqueda de traballo ao colectivo mediante as ferramentas 2.0 de Internet. O alcalde saudou esta «iniciativa certamente brillante» da entidade.

 


Caballero avoga pola coordinación para incorporar a rede gasística á cidade durante as humanizacións

O alcalde recibiu hoxe mércores ao novo director xeral de Gas Galicia, Roger Serrat, unha visita protocolaria na que constataron que Vigo «é unha das zonas» con maior incorporación á rede gasística e avogaron por coordinarse para seguir incorporando o gas á cidade aproveitando as humanizacións.

 


A zona peonil do Calvario acolle o domingo os 10 km Correndo por Vigo, «carreira de gran espectacularidade», di Caballero

A proba 10 km Correndo por Vigo abre o ano en ruta das carreiras populares este domingo ás 11:00 horas con saída e chegada fronte ao Mercado do Calvario. Ademais, é a primeira das nove existentes nesta quinta edición do circuíto de carreiras populares

 


Curso de sombras chinesas

A Concellería de Normalización Lingüística organiza un curso gratuíto de sombras chinesas para maiores de 15 anos no Verbum, os próximos días 15, 16, 17 e 18 de xaneiro. As persoas interesadas deberán realizar a inscrición os días 9 e 10 de xaneiro no correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: