Actividades Novacaixagalicia

novacaixagaliciaBalance escolares en Novacaixagalicia ano 2012

Novacaixagalicia levou a termo o ano pasado, 2012, numerosas actividades cuxo público beneficiario foron os máis novos. Xa fose formando parte dunha actividade concertada polo centro escolar, como en obradoiros específicos, os rapaces e rapazas de Galicia tomaron parte nas diferentes propostas culturais que a fundación ofreceu para eles co propósito de contribuír a que o abano de actividades didácticas e estimulantes fose o máis amplo posible. Deste xeito, a programación que Novacaixagalicia desenvolveu durante os meses de 2012 tratou ámbitos coma o artístico, histórico, musical, dramático, xeolóxico ou astronómico.

Novacaixagalicia presenta Odaiko nas escolas en Vigo

A vindeira semana, en concreto desde o día 14, luns, ata o 17, xoves, Novacaixagalicia ofrecerá aos escolares da cidade de Vigo a oportunidade de gozaren dun dos espectáculos máis curiosos e simpáticos en que a percusión e a dramaturxia se complementan creando unha atmosfera máxica: Odaiko nas escolas. O bo quefacer dos compoñentes ―Juan Collazo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso e Antonio Ocampo― conseguirá que os tres mil cincocentos rapaces e rapazas que van asistir ás funcións teñan a lembranza dun espectáculo inesquecible. A asistencia dos setenta e catro centros escolares producirase ao longo dos días xa sinalados e en dúas quendas diarias: unha ás 10:00 e outra ás 12:00 h no auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.

Balance do Fondo Solidario de Novacaixagalicia

O Fondo Solidario de Novacaixagalicia recadou durante o período do Nadal 13.700 euros, máis de 2000 quilos de alimentos e máis de 600 xoguetes e libros infantís que serán doados a comedores sociais, bancos de alimentos e outras asociacións galegas. A través de diferentes accións repartidas ao longo da xeografía galega, tales como mercados solidarios, recollida de alimentos ou xoguetes, a fundación galega vén sumar estas cifras aos 150.000 euros que achegou mediante o seu programa solidario presentado o pasado 12 de decembro.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: