O prazo de presentación das candidaturas aos Premios Eganet está a piques de rematar,

∙  O  próximo  día  15  remata  o  prazo  e  o  número  de  proxectos  participantes  xa  está  a  niveis
da pasada edición.
∙  A  Escola  de  Negocios  de  Novacaixagalicia  colabora  nesta  edición  e  entregará  aos
gañadores un bono de formación valorado en 3.000€ 

Santiago  de  Compostela,  10  de  xaneiro  de  2013.‐  Empresas,  profesionais,  asociacións,  organizacións
empresariais,  ONGs,  entes  públicos  e  calquera  outro  organismo  con  sede  social  en  Galicia  (ou,  de  non  tela,
que  amosen  unha  clara  relación  coa  cultura,  lingua  ou  sociedade  galegas)  poderán  presentar  os  seus
proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións aos Premios Eganet 2012, que este
ano celebran a súa novena edición.

O  prazo  de  presentación  remata  o  próximo  martes  día  15  de  xaneiro
,  e  até  o  día  de  hoxe  presentáronse
181 candidaturas de 68 entidades.

Para  o  Premio  Especial  Eganet  non  se  reciben  candidaturas  xa  que  é  a  propia  asociación  a  que  decide
outorgarllo  ao  proxecto,  entidade  ou  personalidade  galega  que  desde  a  última  edición  dos  galardóns  máis
se esforzase en dar a coñecer e impulsar a realidade galega no contorno Internet e, deste xeito, contribuíse
a promocionar as novas tecnoloxías en Galicia.
Os  finalistas  daranse  a  coñecer  en  datas  previas  á  Gala  que  se  celebrará  o  día  1  de  febreiro  en  Santiago  de
Compostela.

EGANET, 12 anos no mundo das TIC’s galegas

EGANET  foi  a  primeira  asociación  TIC  Galega.  Representa  ás  empresas  galegas  que  desenvolven
software  e/ou  servizos  TIC.  Aglutinamos  ás  empresas  que  representan  o  corazón  do  sector  TIC  e  que
abranguen  as  cinco  principais  áreas  de  negocio:  Internet  e  medios  Online;  Comunicación  Interactiva  e
Novos  Medios;  Consultaría  e  Asesoramento  TIC;  Conectividade  e  Integración  de  Sistemas;  e
Desenvolvemento e Software.

Como  patronal  das  TIC  galegas,  EGANET  basea  o  seu  labor  na  defensa  do  libre  mercado,  presta
servizos  ás  empresa  asociadas  e  traballa  para  conseguir  a  adaptación  da  cidadanía  ao  uso  das  novas
tecnoloxías como ferramentas de mellora ante a competitividade, tanto nos sectores empresariais como no
desenvolvemento individual.

http://www.premioseganet.com

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: