Archive | enero 12, 2013

Concello de Vigo

 


O Concello acorda cos comerciantes e hostaleiros manter ata xuño os mercadillos dos sábados no Casco Vello

O alcalde rubricou este xoves un convenio coa Asociación Vigo Vello e a Sociedade Galega de Difusión e Conservación do Patrimonio co obxecto de continuar os mercadillos dos sábados no Casco Vello. Abel Caballero informou que os postos de filatelia e numismática continuarán na Praza da Constitución.

 


O Auditorio Municipal acollerá o sábado o concerto de presentación do novo traballo da viguesa Patricia Moon

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, acompañaron á artista este xoves na presentación do espectáculo que terá lugar o sábado, ás 21 horas, no Auditorio Municipal. Patricia Moon interpretará cancións de «Oxytocin», o novo disco cun estilo definido pola viguesa como «rock lunático».

 


Concerto do Programa Sinfónico de Primavera da Orquestra VIGO 430

Este domingo 13 de xaneiro, ás 20,00h, terá lugar no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música (rúa Manuel Olivié 23), un concerto da Orquestra VIGO 430, que serve para abrir o seu Programa Sinfónico de Primavera, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

BENESTAR BLINDARÁ O FINANCIAMENTO DOS PROGRAMAS DE ACOLLEMENTO FAMILIAR E APOIO ÁS PERSOAS SEN TEITO DE CRUZ VERMELLA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza coa presidenta de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro
  • A reunión enmárcase na rolda de contactos que Mato está a manter coas entidades de iniciativa social de Galicia
  • A Xunta investiu en 2012 máis de 3,2 millóns de euros en diferentes liñas de colaboración con Cruz Vermella Leer más…

NCG é o primeiro banco español en operar con mensaxería instantánea cos seus clientes

novabancogaliciaO banco pon en marcha un sistema de mensaxería similar ao whatsapp

  • ·                  A entidade supera os 570.000 clientes que operan a través de teléfonos móbiles
  • ·                  Os clientes do banco realizan 50.000 operacións diarias con smartphones


11.01.2013.
 NCG Banco é a primeira entidade financeira española que notifica instantaneamente aos seus clientes a través dos seus teléfonos móbiles calquera operación realizada na súa conta a través de notificacións instantáneas, un sistema de mensaxería gratuíta similar ao whatsapp. NCG banco, a través das súas marcas Novagalicia e EVO, lanzou o 8 de xaneiro de 2013 as novas versións das súas aplicacións de banca móbil para smartphone incorporando nelas a tecnoloxía push, un sistema de mensajería instantánea.

“As notificacións instantáneas, ou push, apórtannos unha nova forma de conectar cos nosos clientes, ofrecéndolles unha comunicación máis directa porque eliminamos as barreiras tecnolóxicas do SMS, mellorando o servizo que ofrecemos aos clientes”, asegura Idoia Maguregui, directora xeral de Medios de NCG Banco.

BRAVO BOSCH INAUGURA O OBRADOIRO DE EMPREGO ALFACUCA III, QUE FORMARÁ A 32 PERSOAS DESEMPREGADAS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA, INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES, CONSTRUCIÓNS DE MADEIRA E DESEÑO DE PRODUCTOS GRÁFICOS E PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL

descarga (5) A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona este programa mixto de formación e emprego cun investimento de preto de 300.000 euros.

O fin último que se pretende con estes OOEE é acadar a inserción no mercado laboral da maioría dos seus participantes.

As persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes.

A XUNTA INSTA Á CONCESIONARIA DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE CANGAS A QUE ELABORE UN PLAN UN PLAN DE ACCIÓN PARA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE TODAS AS DEFICIENCIAS

  • O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín mantivo unha reunión co alcalde de Cangas José Enrique Sotelo
  • O responsable autonómico indicou que a empresa concesionaria é a responsable do mantemento das instalacións da estación e que é o propio contrato de concesión o que a obriga
  • A Xunta realizará un proxecto complementario para mellorar as condicións nas que se prestan os servizos aos cidadáns Leer más…

OS EXPERTOS DEBATEN SOBRE O ESTADO ECOLÓXICO DO ESTEIRO DO RÍO MIÑO NUN SEMINARIO NO CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR

descarga (4)

  • A xornada celebrouse no marco do proxecto TEAM-MIÑO, no que a Fundación CETMAR participa xunto a institucións científicas e administracións con competencias nas bacías hidrográficas de Galicia e do Norte de Portugal Leer más…

MEDIO RURAL E MAR NON AMPARARÁ ACTIVIDADES ILEGAIS QUE FOMENTAN A ECONOMÍA SOMERXIDA

  • Lamenta a irresponsabilidade de dirixentes que xustifican as pretensións dunha plataforma que persegue lucrarse dunha actividade profesional sen pagar autónomos nin outros impostos
  • No caso concreto do plan de xestión da angula, o seu incumprimento podería chegar a carrexar o peche desta pesqueira no río Miño por parte da Comisión Europea con graves consecuencias.

FEIJÓO: “ROMAY BECCARÍA PERTENCEU E PERTENCE A ESA MAIORÍA DE POLÍTICOS QUE FORON E SON O SUSTENTO HUMANO DO NOSO SISTEMA DE CONVIVENCIA”

O titular da Xunta presentou o xantar-coloquio que ofreceu o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, no Club Financeiro de Vigo-Círculo de Empresarios de Galicia

 Destaca que “a súa xeración ten éxito nas misións políticas que afronta porque sae da xente e se inspira nela para <facer politicamente normal o que na rúa é normal>”

Recorda que “políticos e xente, xente e políticos” erguen xuntos un sistema democrático que supera o eterno pesimismo histórico, e un sistema autonómico adaptado á nosa maneira de ser. “Protagonizan unha epopea que hoxe debe servirnos de lección”

Afirma que foi esa boa política practicada polos bos políticos a que fixo posible en España e en Galicia unha convivencia plural e un benestar europeo.

Agenda Semanal CFV

LUNES, 14 DE ENERO
  • Presentación del documento ‘Propuestas para la legislatura 2012-2016. Galicia’
        LUGAR: Sala de consejos
        HORA: 10:30
        El presidente y el director del Círculo de Empresarios de Galicia, Marcelino Otero y Jesús Bahíllo, presentarán a los medios el último documento publicado por esta organización. ‘Propuestas para la legislatura 2012-2016. Galicia’ recoge una serie de medidas en los ámbitos económico, administrativo, social y de infraestructuras.
MARTES, 15 DE ENERO
  • El subdirector general de Seguros, en INADE
        LUGAR: Salón Nogueira Dalmás
        HORA: 8.45
    El subdirector general de Seguros y Política Legislativa, Pablo Muelas García, participa en este nuevo acto de ‘Desayuna con INADE’, que organiza la Fundación INADE (Instituto Atlántico del Seguro). Pablo Muelas hablará sobre ‘Presente y futuro del marco legislativo en materia de seguros y fondos de pensiones’.
VIERNES, 18 DE ENERO
  • Tribuna CFV: Almuerzo-coloquio con José Manuel Otero Novas
        LUGAR: Comedor general
        HORA: 14:00
    Directamente vinculado al periodo de la transición española, durante la cual fue ministro en varias ocasiones, José Manuel Otero Novas, que hablará en este almuerzo coloquio con los socios del Círculo sobre ‘Estado de las autonomías: cómo abordar problemas como el catalán’, será presentado por José Silveira Cañizares, presidente del grupo Nosa Terra XXI.

«ENREDANDO, ARTESANÍA NA ESCOLA» ACHEGA OS OFICIOS ARTESANAIS AOS MÁIS PEQUENOS

  • A iniciativa persegue concienciar á sociedade, comezando polos máis novos, do valor do produto feito á man
  • O programa, que iniciou a súa andaina no 2011, ten permitido chegar xa a case 4.000 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria Leer más…