A XUNTA INSTA Á CONCESIONARIA DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE CANGAS A QUE ELABORE UN PLAN UN PLAN DE ACCIÓN PARA A RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE TODAS AS DEFICIENCIAS

  • O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín mantivo unha reunión co alcalde de Cangas José Enrique Sotelo
  • O responsable autonómico indicou que a empresa concesionaria é a responsable do mantemento das instalacións da estación e que é o propio contrato de concesión o que a obriga
  • A Xunta realizará un proxecto complementario para mellorar as condicións nas que se prestan os servizos aos cidadáns

Santiago, 10 de xaneiro de 2013.- A Xunta de Galicia coñece a situación na que se atopa a estación de autobuses de Cangas e precisamente por este motivo vaille remitir unha carta á empresa concesionaria para que de forma inmediata elabore un Plan de Acción para a resolución definitiva de todas as deficiencias, indicando a relación de actuacións a acometer e os prazos previstos de realización destas.

 

Durante a reunión mantida esta mañá entre o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín e alcalde de Cangas do Morrazo, José Enrique Sotelo, o primeiro indicou que a empresa concesionaria é a responsable do mantemento da estación e que é o propio contrato de concesión o que a obriga. Ademais, a Xunta realizará un proxecto complementario para mellorar as condicións nas que se prestan os servizos aos cidadáns.

 

A infraestrutura de Cangas vai a estar incluída no Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia, un proxecto para mellorar e modernizar a rede de estacións de transporte público por estrada da Comunidade galega, que contará con case 1,3 millóns de euros para o presente ano.

 

Por último, o director xeral de Mobilidade comprometeuse a unha próxima visita ao municipio do Morrazo para comprobar en persoa as deficiencias e axilizar a tramitación da súa mellora.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: