BENESTAR BLINDARÁ O FINANCIAMENTO DOS PROGRAMAS DE ACOLLEMENTO FAMILIAR E APOIO ÁS PERSOAS SEN TEITO DE CRUZ VERMELLA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza coa presidenta de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro
  • A reunión enmárcase na rolda de contactos que Mato está a manter coas entidades de iniciativa social de Galicia
  • A Xunta investiu en 2012 máis de 3,2 millóns de euros en diferentes liñas de colaboración con Cruz Vermella

Santiago, 11 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar blindará de cara a 2013 o financiamento dos programas de acollemento familiar e persoas sen teito que desenvolve con Cruz Vermella. A titular do departamento autonómico avanzou hoxe este compromiso á presidenta desta entidade social, Carmen Colmeiro, na xuntanza que mantiveron en Santiago. A reunión forma parte da rolda de contactos que Mato está a manter coas asociacións de iniciativa social de Galicia para coñecer de primeira man as súas demandas e necesidades.

Ademais, Mato destacou que se prevé manter de cara a este ano a achega total do departamento autonómico a Cruz Vermella, unha cifra que a través de diferentes liñas de colaboración superou en 2012 os 3,2 millóns de euros. “Imos renovar e estreitar a nosa colaboración coas nosas entidades sociais, como é o caso de Cruz Vermella coa que temos unha fluída colaboración e queremos continuar con este diálogo permanente”, apuntou Mato.

Con respecto ao programa de acollemento familiar, a conselleira explicou que a Xunta volverá a destinar en 2013 un total de 300.000 euros, mantendo “o esforzo” que se fixo o ano pasado cando esta partida económica aumentouse nun 50 por cento.

Esta iniciativa ofrece un servizo de atención temporal a menores en situación de desamparo ou desprotección e permítelles vivir nunha familia e nun fogar, evitando na medida do posible o seu internamento nun centro. A través deste programa foron atendidos 230 menores o ano pasado.

Sobre o proxecto “Sen Teito”, a Consellería investirá este ano, ao igual que en 2012, un total de 150.000 euros para a atención das persoas sen fogar. Con esta actuación trabállase para mellorar a situación das persoas cunha maior vulnerabilidade social desde unha perspectiva de atención integral, difundindo os recursos existentes e promovendo un cambio activo por parte dos propios beneficiarios. Os usuarios deste programa son ao redor de 1.200.

Por outra banda, a xuntanza celebrada hoxe tamén serviu para coñecer os novos proxectos nos que está a traballar Cruz Vermella. A conselleira interesouse pola iniciativa ‘Agora máis que nunca’, unha páxina web destinada a ofrecer atención ás persoas que máis o necesitan e crear unha oportunidadae solidaria e unha rede de recursos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: