«ENREDANDO, ARTESANÍA NA ESCOLA» ACHEGA OS OFICIOS ARTESANAIS AOS MÁIS PEQUENOS

  • A iniciativa persegue concienciar á sociedade, comezando polos máis novos, do valor do produto feito á man
  • O programa, que iniciou a súa andaina no 2011, ten permitido chegar xa a case 4.000 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria

Tui, 11 de xaneiro de 2013. A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, presentou hoxe en Tui os módulos Do papel ao libro e O gremio da seda do programa didáctico “Enredando, artesanía na escola”, unha iniciativa que, organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, ten por obxectivo achegar os oficios artesanais aos rapaces para que poidan coñecelos e valoralos en maior medida.

Deste xeito, dende a súa primeira edición en 2011, “Enredando, artesanía na escola” alcanza xa a súa terceira edición tras a boa acollida obtida desde o se inicio e que lle ten permitido chegar xa a case 4.000 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria de 15 vilas e cidades galegas.

Os participantes nesta nova edición terán a oportunidade de coñecer de preto o sector da artesanía, e participar no proceso de elaboración artesanal do papel ata a encadernación dun pequeno libro, e os máis pequenos poderán coñecer o procedemento da obtención da seda dende o coidado dos vermes ata a extracción e enfiado da seda dos casulos.

A finalidade deste novo módulo do papel é que cada un dos participantes elaboren artesanalmente 25 follas empregando os materiais e a mestura de fibras de bambú e de eucalipto seguindo as indicacións que, con anterioridade, un artesán explicará aos alumnos e os docentes nun exercicio práctico en cada un dos centros educativos. Con posterioridade os alumnos e docentes realizarán unha práctica de encadernación dun libro coas follas elaboradas na primeira fase seguindo a técnica de catro buratos, supervisada polo artesán.

Con esta iniciativa, a Consellería de Economía e Industria persegue concienciar á sociedade do valor do produto feito á man, comezando polos máis novos, así como presentarlle aos rapaces que a artesanía pode ser tamén unha boa alternativa para o seu futuro laboral. Deste xeito, contribúese a favorecer o relevo xeracional nos oficios máis tradicionais e promóvese o desenvolvemento da artesanía galega a través da formación de futuros artesáns creadores, trasladando aos cativos o valor engadido da artesanía no que se refire a súa creatividade, patrimonio cultural e tradición.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: