OS EXPERTOS DEBATEN SOBRE O ESTADO ECOLÓXICO DO ESTEIRO DO RÍO MIÑO NUN SEMINARIO NO CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR

descarga (4)

  • A xornada celebrouse no marco do proxecto TEAM-MIÑO, no que a Fundación CETMAR participa xunto a institucións científicas e administracións con competencias nas bacías hidrográficas de Galicia e do Norte de Portugal

 

Vigo, 11 de xaneiro de 2013.- O esteiro do río Miño e a súa calidade medioambiental foron obxecto hoxe dun seminario na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo no marco do proxecto TEAM-Miño, no que a Fundación CETMAR participa xunto a investigadores e administracións con competencia nas bacías hidrográficas de Galicia e do Norte de Portugal.

 

A directora-xerente do CETMAR, Paloma Rueda Crespo, foi a encargada da apertura desta xornada nunha intervención na que recordou o valor ecolóxico do río Miño e a importancia do seu mantemento en condicións óptimas. Por este motivo agradeceu o traballo de todos os socios que están a desenvolver as accións do proxecto europeo TEAM-Miño, unha iniciativa que, dixo, axudará a preservar este entorno natural que comparten Galicia e o Norte de Portugal. Rueda Crespo agradeceu tamén a presencia do arredor de medio cento de expertos que asistiron ao seminario.

 

O encargado de dar a coñecer os pormenores do proxecto foi José Luís Gómez, técnico da área de Control e Xestión do Medio e dos Recursos Mariños do CETMAR, quen explicou que o obxectivo fundamental de TEAM-Miño é abordar o grado de implementación da Directiva Marco da Auga neste esteiro e expor unha aproximación preliminar do estado ecolóxico das súas masas de auga, froito dos resultados obtidos a raíz das mostraxes realizadas neste ano polos membros do consorcio.

 

“Transferencia de ferramentas para a avaliación, ordenación, xestión e educación ambiental en esteiros” é o título do proxecto que, recordou o representante do CETMAR, está financiado pola Unión Europea a través do programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal e terá actividade ata mediados de 2013, cando se celebrará a conferencia final.

 

Coordinado pola Estación de Ciencias Mariñas de Toralla da Universidade de Vigo, no consorcio de TEAM-MIÑO participan xunto á Fundación CETMAR a Administração Rexional Hidrográfica do Norte de Portugal; Augas de Galicia; o Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental de Vila do Conde; o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental; a Confederación Hidrográfica Miño-Sil; o Instituto Español de Oceanografía; o Instituto Nacional dos Recursos Biolóxicos de Portugal; a  Mancomunidade de Municipios do Baixo Miño e a Universidade de Aveiro.

 

Desenvolver ferramentas comúns para a aplicación coordinada da Directiva Marco da Auga no esteiro do Miño e potenciar a participación cidadá na xestión e conservación deste ecosistema acuático son os obxectivos xerais deste proxecto europeo, que busca a colaboración e implicación das administracións e da sociedade a ambas as beiras do río.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: