A PROVINCIA DE PONTEVEDRA REXISTROU EN 2012 MÁIS DE 800.000 DE NOTIFICACIÓNS TELEMÁTICAS A TRAVÉS DE LEXNET

  • O uso de Lexnet permite reducir os tempos de tramitación e resposta, os custes, evita desprazamentos e contribúe á eliminación da notificación en papel
  • O pasado ano realizáronse 2,5 millóns de notificacións a través deste sistema en toda a Comunidade

Santiago, 13 de xaneiro de 2013.- O pasado ano realizáronse en Galicia un total de 2.551.458 notificacións telemáticas a través da aplicación Lexnet, unha plataforma de intercambio seguro de información entre os axentes do ámbito xudicial, que permite as notificacións de xeito telemático, a presentación de escritos e demandas utilizando a sinatura dixital.

A aplicación facilita o intercambio da documentación xudicial en soporte electrónico a través da identificación dixital e a sinatura electrónica dos profesionais, ademais de reducir os tempos de tramitación e resposta, os custes, evitando desprazamentos e contribuíndo á eliminación da notificación en papel.

A aplicación Lexnet xa está operativa en todos os órganos xudiciais da Comunidade, tras rematarse a súa implantación na provincia de Ourense este ano. Durante 2012 a provincia da Coruña, a primeira en completar a implantación deste sistema, rexistrou preto de 1,5 millóns de notificacións telemáticas, seguida de Pontevedra con máis de 800.000 notificacións, Lugo con 177.000 e Ourense, a última provincia na que se implantou, con 65.000 notificacións rexistradas desde o pasado mes de xullo.

Beneficios

A implantación de Lexnet está a permitir unha redución das operacións de envío de notificacións, escritos ou copias de escritos así como dos desprazamentos. Ademais, Lexnet garante a máxima fiabilidade na comunicación, ao facilitar aos usuarios un certificado do momento do envío don selado de data e tempo e  ofrece todas as garantías  de seguridade ao tratarse de redes pechadas con control de acceso e identificación de usuarios.

Funcionamento

O acceso a Lexnet realízase mediante un certificado dixital que permite a autentificación do usuario. O soporte físico do certificado dixital é unha tarxeta criptográfica Kronos que está a implantar a Xunta para a acreditación dixital dos empregados públicos. Ao introducir a tarxeta no PC o empregado accede a Lexnet identificándose como usuario autorizado do sistema e pode proceder ao proceso do envío que asinará dixitalmente.

O sistema Lexnet ten un funcionamento similar ao correo electrónico pero garante que o emisor da documentación é quen di ser; a confidencialidade e seguridade do sistema xa que só o receptor da documentación poder acceder á información e a integridade do contido do documento que non pode ser modificado durante o proceso.

Formación

O proceso de implantación de Lexnet estivo acompañado de  actividades formativas dirixidas ao corpo de funcionarios de xestión procesual, procuradores, avogados do Estado e da Axencia Tributaria.  A formación realizouse  nos xulgados no propio posto de usuario co obxectivo de que fóra máis funcional e operativa posible.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: