A XUNTA COMEZA AS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIAL E REHABILITACIÓN DA TRAVESÍA DE CANGAS

  • clip_image002 (2)A necesidade desta actuación está xustificada debido aos importantes danos que presenta o firme desta estrada ao seu paso polo núcleo urbano de Cangas
  • O proxecto beneficia a preto de 27.000 habitantes do concello de Cangas e a súa área de influencia

Santiago, 12 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria e rehabilitación do firme da Travesía de Cangas, entre os puntos quilométricos 19+100 ao 20+195, da estrada que une os núcleos pontevedreses de Marín e Rande (PO-551). Esta obra foi adxudicada por 370.000 euros a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI).

Esta actuación, que leva a cabo a empresa Covsa e ten un prazo de execución de dous meses, é necesaria debido aos importantes danos que presenta o firme desta estrada, polo que se tomou a decisión de executar este proxecto co obxecto de mellorar a seguridade vial e a comodidade dos seus usuarios.

As unidades principais de obra centraranse no fresado do firme, estendido de mestura bituminosa en quente e colocación de sinalización e balizamento. Ademais da reposición de sumidoiros e 650 metros, de tubo de drenaxe, entre outros elementos. Deste xeito mellorarase un treito desta estrada dunha lonxitude total de 1.095 metros. Os traballos desta actuación rematarán coa disposición e colocación da sinalización horizontal e vertical.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: