FEIJÓO AVOGA POR TOMAR COMO REFERENCIA O ESFORZO DOS CICLISTAS PARA “GAÑAR A VOLTA” DA CRISE

O presidente da Xunta participou na presentación da 68 edición da Volta Ciclista a España, que partirá de Vilanova de Arousa e contará con cinco etapas por terras galega

  • Ensalzou o traballo destes deportistas porque “se todos asumimos ese exemplo, e esa capacidade de sacrificio, de determinación e de entrega” España superará as dificultades polas que atravesa
  • Salientou que a “decisión inédita” de partir dunha batea é “un recoñecemento á xente do mar, un recoñecemento a unha forma de vivir e a unha forma de traballar e de producir”

Vigo, 12 de xaneiro de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avoga porque o esforzo  dos ciclistas, sobre todo “a súa coraxe, a súa determinación e a súa capacidade de superación” sexa un referente para saír da actual crise económica que viven España e Europa.

Na súa intervención durante o acto de presentación da 68 edición da Volta Ciclista a España 2013, Feijóo ensalzou o traballo destes deportistas e pediu que “sirva de inspiración” porque “se todos asumimos ese exemplo, e esa capacidade de sacrificio, de determinación e de entrega, estou convencido –dixo- que España sairá con esta ‘volta’ das dificultades polas que estamos pasando”. Así mesmo salientou a labor de equipo deste deporte onde “o traballo de un mesmo súmase ao traballo do equipo e é entón cando o equipo pode gañar. Pero ese equipo é imposible que gañe se cada un dos seus membros non cumpre co seu traballo”, reflexionou Feijóo. O presidente galego insistiu de novo en que os ciclistas “deben ser o referente de todos os días, de subirse á bicicleta, de poñerse o mono para traballar, de entrenar todos os días , de competir e de saír a gañar”.

O presidente da Xunta agradeceu á organización da Volta a España a “decisión inédita” de que a próxima edición partirá dunha batea, no concello de Vilanova de Arousa, porque ese xesto significa “ un recoñecemento á xente do mar, un recoñecemento a unha forma de vivir e a unha forma de traballar e de producir”. Feijóo tamén quixo facer un paralelismo entre o traballo dos mariñeiros e o dos ciclistas, xa que “se fai coincidir as dificultades dos traballadores do mar coas dificultades de este nobre deporte que é o ciclismo”.

Así mesmo o presidente galego lembrou que as etapas que na pasada edición discorreron por terras galegas permitiron dar a coñecer “algúns lugares inéditos para a maioría dos españois”, que puideron ver “imaxes impactantes da Galicia real, da Galicia das rías, da Galicia do Atlántico, da Galicia dos bosques e da Galicia do mar”. Esta experiencia repetirase este ano con cinco etapas na nosa comunidade polas Rías Baixas, o Baixo Miño, a comarca do Deza, as terras de Compostela, a Costa da Morte e a Ribeira Sacra.

Finalmente lembrou que se atopaban “na terra do Camiño de Santiago”, polo que tamén invocou a figura do apóstolo Santiago para guiar a andaina dos mellores ciclistas do mundo por terras galegas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: