A DIRECTORA DA AMTEGA SITÚA AS SMART CITY COMO ELEMENTOS CLAVE NA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DOS CIDADÁS E XERADORAS DE NOVAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO PARA O SECTOR TECNOLÓXICO

  • Destacou o papel do sector TIC coma facilitador de todos os cambios que permitan a posta en marcha das Smart Cities no marco dunha estratexia global de Smart Rexión para a Comunidade
  • A Xunta está a traballar nunha Axenda Dixital Local para impulsar proxectos tecnolóxicos nas vilas galegas
  • A Administración autonómica está a sentar os piares das futuras Smart Cities coa extensión de redes de telecomunicación punteiras e iniciativas de cooperación interadministrativa como a compartición de solucións e infraestruturas TIC

Santiago, 15 de xaneiro de 2012.– A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Mar Pereira), Mar Pereira, sinalou esta mañá en Vigo que as Smart Cities  constituirán  un elemento capaz de xerar valor económico e social, respondendo de xeito eficiente ás necesidades cidadás e xerando novas oportunidades de negocio que impulsen o tecido social e empresarial.

A responsable do departamento tecnolóxico da Xunta clausurou hoxe en Vigo o Congreso “Os Retos das Smart Cities”, organizado por Ineo, onde destacou o papel do sector TIC coma facilitador de todos os cambios que permitan a posta en marcha das Smart Cities no marco dunha estratexia global de Smart Rexión para a Comunidade, onde se teñan en conta tamén as peculiaridade dos pequenos concellos.

Mar Pereira puxo en valor as vantaxes que achegará o desenvolvemento de Smart Cities. No caso das institucións supón ir máis alá de reducir o gasto e mellorar os servizos, creando novos servizos e vantaxes engadidas aos xa existentes, e no caso dos usuarios sinalou a mellora e optimización dos servizos municipais máis demandados, como poden ser a mobilidade, o tráfico ou a atención sanitaria. Ademais, este novo concepto de cidade facilitará a identificación de necesidades da cidade, ofrecendo soporte á toma de decisións sobre novos servizos e favorece a innovación.

Compartición de recursos e solucións entre administracións

A directora da Amtega destacou a importancia de definir estratexias Smart comúns, que teñan en conta a todos os axentes e que permitan a coordinación entre Deputacións e Municipios. Un dos piares desta estratexia común é participación e cooperación interadministrativa en Rede con iniciativas como as que está impulsar a Xunta en materia de interoperabilidade a través do CPDI ou o Arquivo Dixital de Galicia que dará soporte ao almacenamento e conservación da información e documentos electrónicos xerados polas AAPP galegas

Infraestruturas de telecomunicacións

A columna vertebral de calquera avance en materia tecnolóxica é unha rede de telecomunicacións adecuada e neste sentido Mar Pereira destacou o esforzo que está a facer Galicia na implantación das redes máis punteiras, con velocidades de ata 100 Mbps. É unha das liñas de acción do Plan de Banda Larga que sitúa a Galicia entre as primeiras comunidades de Europa en incentivar o uso deste tipo de redes que permiten o acceso aos servizos máis avanzados da sociedade da información.

Axenda Dixital Local

A Xunta está tamén a impulsar o desenvolvemento da Axenda Dixital Local (ADL) da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Trátase dunha folla de ruta para potenciar o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos nos concellos galegos, que se apoien nas TIC para empregar os recursos existentes de maneira eficiente e cun modelo participativo e adaptable ás peculiaridades das distintas áreas urbana.

Supón o principio da senda cara o desenvolvemento de proxectos intelixentes en todos os concellos galegos, tendo en conta os pequenos concellos onde adquire unha gran relevancia o desenvolvemento do Smart Rural.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: