A XUNTA AVANZA NAS OBRAS DE SANEAMENTO DE GONDOMAR, QUE SOLUCIONARÁN OS PROBLEMAS DE CONTAMINACIÓN DO ESTEIRO DO RÍO MIÑOR

  • clip_image002 O conselleiro de Medio Ambiente sinala que na actualidade se está a traballar nas obras de impulsión, que están executadas ao 80%, e na planificación do tanque de tormentas
  • Hernández lembra que a Xunta destina máis de 3 millóns á materialización desta obra, que implica a construción de máis de 2.000 metros de tubos de impulsión e máis de 1.600 metros de colectores
  • A Xunta de Galicia investirá en 2013 un total de 500.000 euros na explotación da estación depuradora de Gondomar
  • Salienta o compromiso da Xunta coa mellora do abastecemento e o saneamento deste concello, no que xa se teñen realizado obras por máis de 10 millóns de euros

Gondomar (Pontevedra), 15 de xaneiro de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, sinalou esta mañá que a Xunta avanza nas obras da rede de saneamento en Gondomar co fin de solucionar os problemas de contaminación do esteiro do río Miñor. Explicou que na actualidade estase a realizar a impulsión, que xa se atopa ao 80% da súa execución total, e planificando efectuar o tanque de tormentas.

O responsable de Medio Ambiente visitou hoxe as obras de adecuación da rede de saneamento en Gondomar, na que estivo acompañado polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián; e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Jose María Figueroa.

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, achega un investimento de máis de 3 millóns de euros para levar a cabo estas actuacións, cuxo remate se prevé para o primeiro trimestre de 2014.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: