Concello de Vigo

 


Caballero avanza que o Concello dará as bolsas de libros que retira a Xunta

O alcalde de Vigo criticou hoxe martes a decisión da Xunta de rebaixar nun 12% as axudas a bolsas de comedor, o que supón un recorte de 2,5 millóns de euros. Tal e como explicou, o Concello “volve suplir a política antisocial de Feijóo”.

 


O Concello inicia a plantación de cen árbores en Coia coa participación de 300 escolares do barrio

Abel Caballero visitou este martes os traballos levados adiante por técnicos e máis de 300 alumnos e alumnas do Pintor Laxeiro, Escultor Acuña, Don Bosco e Illas Cíes. A replantación da Avenida de Castelao comeza de Praza América á rotonda do Alcampo, con 100 exemplares de 17 especies distintas.

 

Os participantes en carreiras populares pasaron de 4.000 a 10.000 nos últimos 5 anos

O atletismo popular en Vigo pasou de 4.000 participantes en 2008 a máis de 10.000 este ano, tal e como relatou hoxe martes o rexedor, un día no que se entregan os premios do Circuíto de Carreiras Populares 2012. Caballero destacou que a media maratón de Vigo prevista para o mes de maio xa está homologada e avanzou a posibilidade de que Vigo conte nun futuro cunha maratón.

 


Ángeles Jorreto e Xan Vieito levan a súa colorida obra pictórica aos espazos da Alcaldía

As instalacións da Alcaldía do Concello de Vigo cumpren cinco anos acollendo o arte de artistas de ou directamente vencellados á cidade. Hoxe martes tivo lugar a inauguración dunha nova edición de Mostrarte na Alcaldía, con obras dun home e dunha muller que se expresan a través da cor, da figuración e da abstracción.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: