CONDE RECIBE Á ASOCIACION GALEGA DE FAMILIAS NUMEROSAS

  • O conselleiro de Economía e Industria amosa a súa vontade de diálogo para establecer liñas de actuación na defensa dos intereses deste colectivo
  • Subliña que o Goberno galego ten presentado alegacións á proposta de orde de peaxes de acceso ao sistema eléctrico, solicitando que se considere o número de persoas dun fogar á hora de penalizar os consumos

Santiago, 15 de xaneiro de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, reuniuse hoxe, dentro da rolda de contactos iniciada cos axentes económicos e sociais, con membros da directiva da Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) establecendo liñas de diálogo na defensa dos intereses deste colectivo.

O encontro permitiu abordar distintos temas relacionados coa situación das familias numerosas e as dificultades engadidas que veñen dadas pola situación de crise económica, así como as liñas de colaboración que manteñen coa Xunta.

Conde lembrou que o Goberno galego ten presentado alegacións á proposta de orde de peaxes de acceso ao sistema eléctrico que está a abordar o Ministerio, propoñendo que se consideren tanto o consumo medio dos puntos de subministración como a non afectación dos colectivos de consumidores máis vulnerables. Deste xeito, aspírase a que se teña en conta o número de persoas que compoñen un fogar á hora de penalizar os excesos de consumo.

Así mesmo, solicítase tamén que se atenda o período estacional –tendo en conta as puntas de verán e inverno onde o consumo e maior-, e a necesidade de considerar a existencia doutras fontes enerxéticas no fogar –os usuarios con sistemas de calefacción por acumulación a partir de enerxía eléctrica veríanse penalizados xa que a proposta de orde só atende aos consumos rexistrados de enerxía eléctrica-.

O conselleiro de Economía e Industria avogou por seguir traballando de xeito consensuado na eficiencia e a defensa dos intereses do consumidor, avanzando na busca de actuacións conxuntas para facer fronte a actual conxuntura económica.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: