BRAVO BOSCH COÑECEU ESTA MAÑÁ AS INSTALACIÓNS DA GARDA CIVIL EN VIGO E GABOU O SEU TRABALLO A PROL DA SEGURIDADE CIDADÁ

  • descarga (2)
  • A delegada territorial da Xunta en Vigo percorreu o cuartel da cidade olívica acompañada polo Capitán Xefe da Unidade de Vigo, Antonio Salas, e o responsable da compañía Porto e Aeroporto, José Benito Fernández Santamarina.

Vigo, 16 de xaneiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, realizou esta mañá unha visita institucional as instalacións da Garda Civil en Vigo, onde gabou o traballo que este Corpo de Seguridade Pública fai a prol da cidadanía.

Acompañada polo Capitán Xefe da Unidade de Vigo, Antonio Salas, e o responsable da compañía Porto e Aeroporto, José Benito Fernández Santamarina, Bravo Bosch percorreu o cuartel ubicada na rúa Sevilla e coñeceu todas as unidades e destacamentos así coma as funcións que realizan en cada un deles.

A Garda Civil de Vigo atende nas súas instalacións a máis de 425.000 habitantes repartidos en 724,4 quilómetros cadrados, ademais de 78,25 quilómetros de costa e, coma coñeceu hoxe Bravo Bosch, os seus profesionais desenvolven funcións de seguridade cidadá, seguridade vial, control de armas, loita antiterrorista, investigación científica, violencia de xénero e abuso a menores, integridade territorial, vixilancia de costas, medio ambiente ou delincuencia informática, entre outros.

A delegada resaltou tamén a colaboración xeral co resto de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e sobre todo coa Policía Autonómica, así coma co Servizo de Gardacostas de Galicia na prevención e control en materia de pesca ou na protección do medio ambiente a través do Seprona.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: