María José Bravo Bosch participará no acto de entrega de máis de 350 regalos educativos do catálogo Netclub de NGB destinados aos centros de menores da provincia de Pontevedra.

descarga (1)b  A Xunta de Galicia recibiu esta mañá de mans de Novagalicia Banco máis de 350 regalos educativos do seu catálogo Netclub para repartir a un total de 25 centros de menores da provincia de Pontevedra e dos que ao redor do 80% están ubicados na cidade de Vigo e a súa área.

Os beneficiarios do material serán uns 456 nenos e nenas menores de 16 anos tutelados pola Administración autonómica nos centros que ten na provincia, os cales seleccionaron os artigos de forma persoal para que fosen acordes a cada un dos nenos e nenas. A grande maioría dos regalos entregados á Xunta de Galicia son libros, aínda que tamén hai xogos educativos e produtos solidarios.

Ao acto celebrado esta mañá na oficina principal da entidade na cidade olívica acudiu a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, así coma os responsables da Xefatura Territorial e do servizo de menores da Consellería de Traballo e Benestar. Por parte de Novagalicia, estiveron presentes Paz Comesaña Pérez, directora de Marketing e Desenvolvemento de  Negocio; Manuel Nogueira Fernández, director de Desenvolvemento de Negocio Particulares e Empresas; e María del Río González, directora de Publicidade

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: