Yllana volve a Galicia co seu mellor humor – Cangas y Ferrol

descarga (4)ARREDOR DA TAUROMAQUIA

Yllana leva humor de calidade a Cangas con ‘Muuu2’

A considerada unha das mellores compañías teatrais do Estado, Yllana, chega o próximo día 27 ás 20 horas ao Auditorio Municipal de Cangas. Humor intelixente, mordente, crítico e, sobre todo, xenial, é a síntese de ‘Muuu2’, o espectáculo fundacional destes actores madrileños que xira arredor da tauromaquia e “todos aqueles valores inquebrantables”.

‘Muuu’ é o primeiro espectáculo de Yllana, creado en 1991 e que lles proporcionou máis de 20 anos de éxitos e gargalladas. ‘Muuu’ é unha sátira do mundo da tauromaquia, o sentido do humor o machismo, a valentía, a patria, a «festa nacional»… e todas as ideas implícitas nun rito que enfronta, en pleno século XXI, ao home e á besta ao xeito do circo romano.

Vinte anos logo da súa estrea, a polémica ao redor da tauromaquia ten hoxe maior vixencia que entón. Un espectáulo actualizado baixo o nome de ‘Muuu2’ acumula todas as horas de risa do seu precedente. As entradas, a un prezo de 12 euros, xa se poden reservar aquí http://www.atrapalo.com/entradas/muu2_e72855/ e tamén no teléfono 986184720 de 17h. a 20h.

 

Creatividade e profesionalidade

Creada en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, na actualidade, diversificou a súa actividade, ofrecendo diferentes prestacións no mundo do espectáculo como empresa dedicada á produción, distribución e promoción de espectáculos. A súa aposta céntrase no humor sen palabras. Un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios por todo o mundo.

Logo de 20 anos en escena, Yllana é xa unha empresa consolidada no sector, caracterizada pola profesionalidade e complicidade que confire a todos os seus proxectos e con infinidade de premios, recoñecementos e espectáculos que xa están na historia do teatro de comedia.

 

En exclusiva para Galicia

Culturactiva SCG é a distrubuidora en exclusiva para Galicia dos espectáculos de Yllana. Se ben, Coperactiva Cultural – Culturactiva SCG é moito máis que unha empresa de xestión cultural. Nacida fai doce anos, é na actualidade a distribuidora líder en Galicia de teatro cómico e de rúa.

No 2010 foron mais  de 300 as actuacións as que xestionou, cantidade superada no 2011 onde acadaron unha cifra de 350 e de novo superadas en 2012 no que case chegaron ás 450 actuacións. A pesar da forte crise que sofre o sector, “optamos por centrarnos máis que nunca na nosa política de facer a cultura e a risa accesible a todos os petos” e a todos os corazóns, afirman, e “mostra é este elevado número de representacións”, conclúen.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: