BENESTAR ASEGURA QUE EN GALICIA NON SE TEÑEN ABONADO PRESTACIÓNS DE DEPENDENCIA A PERSOAS FALECIDAS

  • A comunidade autónoma, que é a encargada de efectuar os pagos aos usuarios, leva depurando os datos da dependencia desde maio de 2009, polo que ten a relación de beneficiarios totalmente actualizada
  • Os datos feitos públicos hoxe correspóndense a un informe referente a 2011, ao que a Xunta presentou alegacións pedindo que se rectificasen eses datos por non ser correctos
  • A confusión derívase dun erro no cruce de datos en 2011 entre o sistema galego e o estatal, unha situación foi solucionada ese mesmo ano, pero que en ningún momento implicou o cobro por parte de ningún dependente falecido

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar asegura que en Galicia non se teñen abonado prestacións de dependencia a persoas falecidas.. A Xunta de Galicia leva depurando os datos mes a mes desde 2009, polo que a base de usuarios do Goberno galego –que é a que se usa para proceder ao pago de cada un dos beneficiarios- está totalmente actualizada.

Os datos feitos públicos hoxe correspóndense a un anteproxecto de informe do Tribunal de Contas referentes ao ano 2011 e períodos anteriores. O Goberno galego xa presentou alegacións a este informe pedindo que se rectificasen eses datos por non se correctos, nin estar actualizados e coordinados coas comunidades autónomas.

É preciso aclarar que ademais o informe imputa a Galicia uns 2.700 beneficiarios falecidos que nin sequera proceden desta comunidade autónoma, de aí que se presentaran alegacións para que se rectificaran estas cifras.

Esta situación derívase dun erro no cruce de datos entre o sistema galego e o estatal que se detectou en 2011. Hai que ter en conta que se trata de dous sistemas informáticos distintos. En ambos, figuraba a mesma cifra de beneficiarios, o único que había era diferenzas nos “nomes e apelidos” da relación de usuarios en cada unha das bases de datos. Isto sucedeu porque naquel momento non se actualizaba a tempo real.

Deste xeito, cando Galicia daba de baixa a un falecido e procedía a dar de alta a un novo usuario, no sistema estatal non se actualizaba nese mesmo momento o nome da nova alta, pero seguía figurando a do falecido.

Este desfase no cruce de datos, que ademais se fixo público en 2011, foi debidamente subsanado e non supuxo en ningún momento que algún dependente falecido cobrara a prestación ou que o Estado abonase á Administración autonómica a contía por este concepto. Tratábase, polo tanto, dunha diferenza nos “nomes e apelidos” de quen figuraba na aplicación da dependencia.

Ademais, é preciso incidir en que estamos a falar de fallos no módulo do sistema que manexa o Estado, que non ten que ver cos pagos, xa que para eles utilízase a base da datos da comunidade autónoma.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: