Concello de Vigo

 


O goberno de Vigo adica 700.000 euros á humanización de As Camelias

A avenida das Camelias será humanizada durante os próximos 5 meses, renovando paviemento e conduccións. Tal e como precisou hoxe venres o rexedor, o orzamento é de 700.000 euros e os traballos respectarán as árbores existentes, así como as farolas, das que só se cambiarán as luminarias para reducir o consumo.

 


O Concello rotula o Casco Vello con 26 novas placas de bronce policromado

O alcalde de Vigo presentou este venres as 26 novas placas coas que o Concello rotula moitas rúas do Casco Vello. Acompañado pola concelleira de Urbanismo e primeira tenente de alcalde, Caballero incluíu esta iniciativa dentro do proceso de rehabilitación que está a realizar nesta noble zona da cidade.

 


O Concello sinalizará e divulgará os 15 quilómetros vigueses do Camiño de Santiago

Así o anunciou Caballero despois de reunirse coa asociación Amigos dos Pazos. O Concello de Vigo sinalizará e readaptará ao Plan Xeral os quince quilómetros de traxecto e planificará a realización de accións de promoción e divulgación do Camiño de Santiago na cidade.

 


Coros dos colexios de avogados de 10 cidades españolas actuarán en setembro en Vigo

O alcalde recibiu hoxe venres aos integrantes do coro do Colexios de Avogados de Vigo, quenes lle explicaron a Caballero que a cita a nivel estatal traerá a unhas 250 persoas que actuarán na cidade en setembro, incluíndo un percorrido polas rúas e prazas do Casco Vello vigués.

 

O goberno local inicia o trámite de expropiación para a nova subestación eléctrica de Balaídos

Segundo informou Caballero, Urbanismo deu hoxe venres luz verde ao inicio do trámite expropiatorio para a futura estación eléctrica soterrada, máis de 11.000 m2 de terreos valorados en 3,4 millóns que costeará a empresa, encargada tamén de urbanizar o entorno.

 

Pechada ao tráfico a rúa CURRAS

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de DE CANALIZACIÓN, a realizar pola empresa Gas Galicia Sdg Sa , estará pechada ao tráfico a rúa CURRAS (SAN XOAN POULO)(RUA) (VIGO) entre os números 22-102, con acceso exclusivo para garaxes, dende o lunes 21/01/2013 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

 

Exames de lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: