Novacaixagalicia

Novacaixagalicia pon en marcha un completo programa formativo destinado a un amplo abano social

Novacaixagalicia desenvolverá, a partir do día 1 de febreiro e ata o mes de xullo, un extenso programa con 38 accións formativas sobre diversas temáticas no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo. Trátase dunha completa oferta de cursos que pretende ser de utilidade para un grande espectro da sociedade, xa que aborda materias vinculadas a moi diversas áreas do coñecemento. A inscrición para estas clases, con número de prazas limitado, xa se pode formalizar a través de www.servinova.com ou ben no 902 504 500.

ÚLTIMOS DÍAS PARA COMPRAR OS ABONOS DE TEATRO DE NOVACAIXAGALICIA EN VIGO

Novacaixagalicia continúa coa venda, na súa recta final, dos abonos para os espectáculos dramáticos incluídos na programación cultural de 2013, que albergará o teatro do seu Centro Cultural de Vigo. Os espectadores que o desexen poden adquirir a tempada completa ou ben fragmentar a compra e mercar, nun principio, a primeira parte, que correspondería aos espectáculos de febreiro a xuño. Esta nova tempada achegará á cidade a Núria Espert, José Sacristán, Maribel Verdú, Héctor Colomé, Lolita Flores, Paz Padilla, Itziar Miranda, Antonio Molero, Kiti Mánver, Gisela, Bruno Squarcia, Isabel Ordaz, entre outros.

Os abonos poderán ser retirados ata o 29 de xaneiro a través da billeteira telefónica 902 504 500 ou na web de Servinova,www.servinova.es. Os interesados en mercar billetes soltos poderán facelo nas mesmas datas e elixindo calquera destas modalidades. Estes abonos supoñen un 20 % de desconto respecto das entradas soltas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: