Archive | enero 20, 2013

O PP DE ARBO DENUNCIA POSIBLES IRREGULARIDADES NA XESTION MUNICIPAL ANTE O OCULTISMO DO GOBERNO MUNICIPAL

escanear-666660001_page1_image1
• O alcalde nacionalista impediu o acceso do voceiro popular ao expediente das obras do Centro de Interpretación da Rede Natura 2000
• O Goberno local certificou as obras do Centro de Interpretación e de reparación da EDAR, malia que estas a día de hoxe só están executadas nun 40-60%•
Arbo, 19 de xaneiro de 2013.- A negativa do Goberno local a facilitarlle ao Grupo Municipal Popular acceso ao expediente das obras de creación do Centro de Interpretación da Rede Natura 2000 e de reparación da EDAR- Estación de Arbo está a provocar neste grupo municipal sospeitas sobre a legalidade das actuacións que o equipo do alcalde nacionalista Xavier Simón está a realizar en relación a estes traballos. Leer Más…

Hoxe domingo, cine en Detrás do Marco

descarga-Domingo 20 de xaneiro (17:00 horas)

Cine libre de dereitos. Empezamos coa proxección do ciclo de cine expresionista. Este domingo ás 17:00 proxectaremos “Metrópolis” de Fritz Lang. Cine Arte gratuíto.