O PP DE ARBO DENUNCIA POSIBLES IRREGULARIDADES NA XESTION MUNICIPAL ANTE O OCULTISMO DO GOBERNO MUNICIPAL

escanear-666660001_page1_image1
• O alcalde nacionalista impediu o acceso do voceiro popular ao expediente das obras do Centro de Interpretación da Rede Natura 2000
• O Goberno local certificou as obras do Centro de Interpretación e de reparación da EDAR, malia que estas a día de hoxe só están executadas nun 40-60%•
Arbo, 19 de xaneiro de 2013.- A negativa do Goberno local a facilitarlle ao Grupo Municipal Popular acceso ao expediente das obras de creación do Centro de Interpretación da Rede Natura 2000 e de reparación da EDAR- Estación de Arbo está a provocar neste grupo municipal sospeitas sobre a legalidade das actuacións que o equipo do alcalde nacionalista Xavier Simón está a realizar en relación a estes traballos.
Neste sentido, os populares temen que o goberno local cometese algún tipo de ilegalidade ou delito, ao certificar antes do 31 de decembro unhas obras que, aínda a día de hoxe, distan moito de estar rematadas.
O expediente destes traballos fora solicitado polo voceiro popular, Horacio Gil Expósito, o 10 de xaneiro, cando acudiu ao Concello para consultar a documentación relativa ao pleno ordinario, previsto para dous días despois.
No entanto, non puido acceder a el porque se lle indicou que o alcalde non o permitía e que debería presentar unha solicitude por escrito. Horacio Gil así o fixo o día 11, pero tampouco puido consultalo nese momento nin poderá facelo ata o vindeiro 11 de febreiro, xusto un mes despois de telo solicitado, o que puxo sobre aviso aos populares da posibilidade de que o Goberno local estivese a tratar de ocultar algún tipo de irregularidade.
As sospeitas do PP agraváronse cando, no pleno do 12 de xaneiro o Goberno local presentou unha resolución da alcaldía na que se daba conta da certificación destes traballos e da súa xustificación ante a Consellería de Presidencia, que concedeu unha subvención para a súa execución.

FALSIDADE DOCUMENTAL
Ante esta resolución, e tendo en conta que nestes momentos só se ten executado entre un 40 e un 60% das obras, os populares consideran que o Goberno local pode estar incurrindo en ilegalidades, ao certificar obras moito antes de que estas estean rematadas, algo que suporía, cando menos, un delito de falsidade documental.
Horacio Gil asegura que “a estratexia de atrasar durante un mes o acceso ao expediente non é máis que unha manobra de dilación do alcalde para que poidan avanzar nunhas obras que, no momento no que foron certificadas, con case total probabilidade nin sequera estarían executadas nunha terceira parte”.
O voceiro popular puido comprobar in situ, como o pode facer calquera persoa nunha visita ao lugar, que nestes momentos está realizado entre un 40 e un 60% dos traballos, polo que se xa están certificadas e xustificadas, “teríase feito de forma totalmente irregular e ilegal”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: