XESTIÓN DO CONSORCIO PROVINCIAL DE BOMBEIROS

A mesa de contratación reuniuse esta mañá no Pazo Provincial para a apertura do sobre C, no que se recollen as propostas económicas de cada empresa 

  • O importe de      licitación estaba fixado en 18.815.580 euros, máis IVA
  • A partir de      agora, a mesa de contratación cotexará as ofertas económicas e técnicas de      cada empresa para elevar unha proposta de adxudicación ao Pleno do      Consorcio

A Mesa de Contratación para a concesión da xestión indirecta do Servizo de Intervención en Emerxencias do Consorcio Provincial de Bombeiros, presidida por Rafael Louzán,  deu hoxe un paso máis para a adxudicación do servizo, tras a reunión celebrada esta mañá no Pazo Provincial na que se procedeu á apertura da proposta económica presentada polas diferentes empresas.

A apertura das propostas, que tivo lugar nunha reunión aberta á que asistiron representantes de todas as empresas interesadas, permitiu comprobar que a oferta máis vantaxosa economicamente corresponde a Matinsa, que oferta o servizo en 17.404.412,16 euros, o que supón unha rebaixa do 7,5% sobre o importe de licitación.

Pola súa banda, a oferta de Veicar faise por un importe de 18.768.732,20 euros, cunha rebaixa do 0,249. Pola súa banda, Clece presenta unha oferta pechada exactamente no mesmo orzamento de licitación, que é de 18.815.580 euros (sen IVA).

A partir de agora, a mesa de contratación cotexará as propostas económicas e técnicas de cada empresa para valorar cal ofrece en conxunto a mellor oferta para a xestión deste servizo.

Unha vez se decida, presentará a proposta de adxudicación que será elevada ao Pleno do Consorcio para a súa aprobación definitiva.

Dado que o paso de hoxe é un dos últimos do procedemento, a adxudicación do servizo realizarase de forma inminente.

Este Servizo de Intervención en Emerxencias desenvolverase desde os parques de bombeiros de Bueu, O Porriño, Ribadumia e Vilagarcía, e o seu ámbito de actuación é á totalidade da provincia de Pontevedra con exclusión daqueles concellos que dispoñan dun parque municipal de bombeiros de seu, como Pontevedra, Ponteareas e Vigo, e tamén os concellos integrados no Consorcio Comarcal Deza-Tabeirós-Terra de Montes.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: